DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día internacional dos dereitos da infancia celébrase o 20 de novembro.  No noso centro celebrarémolo co título de: "Día da infancia e da acollida".  

Para visivilizar tal conmemoración todo o alumnado poderá trar ese día un peluche ao colexio.

En Infantil e Primaria realizaremos un mosaico-quebracabezas.   As nenas e nenos portarán as pezas para construílo.

En Secundaria farase un mural no que cada alumno e alumna colocará as figuras que fixeron na materia de Educación Plástica e Visual, uns bonecos en pixama.

Todos os menores teñen dereito a medrar en familia!

III ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE

Banner III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023

O 3 de novembro o alumnado de 4º de ESO e o alumnado de Educación dixital de 3º de ESO acudiu ao III Encontro Galego de Ciberseguridade na Cidade da Cultura.

Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, é o evento de referencia en materia de ciberseguridade en Galicia, que aglutina a expertos na materia e divulgadores profesionais. Ademais, acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega.

ESPECTÁCULO TEATRAL "O PEQUENO PONI"

Os pasados xoves e venres 26 e 27 de outubro, o alumnado de secundaria asistiu ao espectáculo teatral "O pequeno Poni" da man de Redrum Teatro e do Centro Dramático Galego no Salón Teatro en Santiago de Compostela.

"O pequeno Poni" é un espectáculo dirixido por Álex Sampayo con texto de Paco Bezerra.  Baseado en feitos reais, trata o acoso escolar e a aceptación da divesidade nas aulas.

Esperamos que o aproveitasen e o disfrutasen ao máximo.

CHARLA COA POETA MIRIAM FERRADÁS

Eu, para ti, quería unha pirámide

A poeta galega Míriam Ferradáns visitará o CPIP Antonio Orza couto o vindeiro 9 de novembro a través do programa “Encuentros Literarios” solicitado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura do CPIP Antonio Orza Couto en colaboración coa Biblioteca Xosé Neira Vilas do noso centro. Este programa está organizado polo Ministerio de Cultura y Deporte e pola Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura.

A poeta bueuesa, concretamente da parroquia de Bon, en Beluso, conta cunha intensa actividade poética, tanto na publicación de libros como Nomes de fume (traducida ao catalán e castelán), Habitar unha casa ou Agosto, que recibiron diversos premios literarios, como na doutros textos soltos, charlas, obradoiros e xurados. Ademais recibiu sendos premios xornalísticos polos textos Dalias e Un maínzo de salpublicados en Sermos Galicia - Nós Diario.

Mírian conversará co alumnado de 4ESO sobre o seu proceso creativo e a súa obra e achegará así un anaquiño da intensa produción poética de grande calidade que está asentada xa hai tempo no espazo galego e que verte poesía a outras linguas. Pero sobre todo será unha oportunidade para o noso alumnado de achegarse á persoa e á poeta que será quen de transmitirlle o valor da palabra e do silencio  na poesía, na escrita e na lingua galega.

CONCURSO DE SOMBREIROS DE SAMAÍN

Para celebrar o Samaín no noso centro organizamos un concurso de sombreiros. Usade a vosa imaxinación para elaborar o sombreiro do voso personaxe fantástico ou aterrador. Dámoslle a benvida a todos os seres propios desta festa: bruxas, meigas, trasgos, etc.

Haberá premios para os mellores!

VISITA HISTÓRICO-ARQUEOLÓXICA POLO CONCELLO DE BOQUEIXÓN

Tagged:  

O próximo domingo 29 de outubro temos programada una actividade moi interesante.

Un roteiro arqueolóxico polo noso concello a cargo da empresa TEMPOS ARQUEÓLOGOS e coa colaboración do Concello de Boqueixón

Para anotarvos non tedes máis que cubrir o seguinte formulario

https://docs.google.com/forms/d/1nQQ65D0eTJDA600YQpkP-ROWhurTzySguRUgJJJcmLk/edit 

Animádevos

A directiva da ANPA O Forte

Participación en Digitalweek

Información Digital Week - Só para alumnado seleccionado | CEIP Plurilingüe  Barrié de la Maza (Santa Comba)

Hoxe chegou nova información da Consellería sobre digitalweek que poñemos á disposición das familias. Temos un dossier informativo que adxuntamos (é similar ao que xa se repartiu na reunión da titoría). Ademais entregamos hoxe na clase as fichas de inscrición para o alumnado que recollen información importante e as debidas autorizacións que deben ser asinadas. Cada centro recibiu unha hora de entrada e saída, no noso caso a entrada é o domingo 22 ás 19:00 horas e a saída o sábado 28 ás 13:00. 

O vindeiro luns pola tarde teremos unha reunión no centro coas familias. 

- Información sobre Digitalweek

- Ficha de incscrición

FUTBOL GAÉLICO ANPA O FORTE

Tagged:  

Estimadas familias:

A actividade de Fútbol Gaélico que ven sendo desenvolvida no noso centro, vai a pasar a ser xestionada dende o mes de outubro de 2023 a través da ANPA O Forte, nas mesmas condicións nas que se viña prestando ata o de agora ( con adestradores do Clube Estrela Vermella e en colaboración coa Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Prxecto Gaélico Escolas).

É unha actividade destinada ao alumnado de Secundaria e 5º e 6º de primaria.

Os horarios da actividade serán os seguintes:

  • Luns: de 17:30 a 19:00h
  • Mércores: de 16:00 a 17:30h

Para inscribirse na actividade debedes cumprimentar o seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFK0Q899898FV7YaxqxgWXCkyjLfMboxNWe__fhfgOZtXN4Q/viewform?usp=sf_link

no que deberedes adxuntar o documento de autorización de domicilización bancaria (vale foto)

O prezo variará en función dos días de asistencia á actividade:

Un día: 10 €

Dous días: 15 €

Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non socias.

Aquí tedes un recordatorio do enlace para facervos familias socias: 

https://docs.google.com/forms/d/1PJuqGuLfu01yhIluDVO2XTKgfW78_qwnFmbi6emd7Go/edit?usp=drive_web

OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA O FORTE PARA O CURSO 2023/24

Tagged:  
Información das actividades extraescolares para este novo curso 23/24:
Puede ser una imagen de texto que dice "LUNS MAR MARTES MERCORES XOVES Cursos nfantil Primaria Infantil Primaria Infantil Primaria Infantil Primaria (1° a 3°) 14:30 -15:25 Actividade Cocina Pandeireta grupo 1 Judo grupo 1 Fútbol sala Judo grupo 2 Infantil Primaria Pandeireta grupo 2 Infantil- Primaria Zumba Primaria N.T e mecanografía 1 Primaria: 1° a 3° VENRES 15:30 16:30 Actividade Cursos LUNS Fútbol sala Primaria: 4° a 6° MERCORES Baloncesto Primaria VENRES N.T mecanografía 2 Primaria: 4°"

Estamos preparando para ofertar tamén a actividade de futbol Gaélico para 5º e 6º de Primaria e secundaria. Xa vos informaremos cando se poña en marcha.

Custe das actividades:

Cociña: 25 € mes.   Grazas á colaboración do Concello de Boqueixón, durante a actividade, todo o alumnado disporá dun portaalimentos para o transporte das elaboracións que terá que devolver ao final de curso
Pandeireta: 20 € mes
Judo: 15 € mes
Fútbol sala: 20 € mes
Zumba: 20 € mes
Novas Tecnoloxías e mecanografía: 25 € mes
Baloncesto: 20 € mes

A partir da inscrición nunha segunda actividade por familia descontarase 2€ por actividade. Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non socias.

Datas importantes:

- Prazo de inscrición: ata o luns 25 de setembro.

- Publicación das extraescolares nas que se formou grupo (mínimo 8): xoves 28 de setembro.

- Comezo das actividades: luns 2 de outurbro.

- Fin das actividades: venres 31 de maio.

Enlace para a inscripción nas actividades (é preciso cubrilo ainda que xa cubrirades a enquisa de interese enviada o 1 de agosto):  https://docs.google.com/forms/d/1oS-5KjVgMOXPiDRqFf-AT1y_Z64LO1fppY_pWfqyO38/edit

Recordade que tedes que cubrir o documento adxunto para autorizar a domicialización bancaria e subilo cando cubrades o formulario (vale cunha foto)

Enviamos tamén o recordatorio do enlace para facervos familias socias: https://docs.google.com/forms/d/1PJuqGuLfu01yhIluDVO2XTKgfW78_qwnFmbi6emd7Go/edit?usp=drive_web
Un saúdo
A Directiva da ANPA O FORTE.

LISTAXE DE MATERIAL PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Tagged:  

LISTAXE DE MATERIAL PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA

Conoce todo el material escolar: lista completa - Benioffi

Nas seguintes ligazóns encóntranse as listas de materiais para o alumnado de primaria:

- Material de 1º

- Material de 2º

- Material de 3º

- Material de 4º

- Material de 5º

- Material de 6º

ESCOLA DE TENIS. PLAN CORRESPONSABLES

Estimadas familias:

AVISO: NOVO FORMULARIO con cambio nos días de realización da actividade por mor da disponibilidade das instalacións.

Un ano máis a Federación Galega de Tenis en colaboración co Xunta de Galicia, lanza a escola de tenis no Pavillón do Forte dentro do programa Corresponsables.

A actividade desenvolverase nos meses de outubro e novembro e étotalmente gratuita.

https://docs.google.com/forms/u/0/d/e/1FAIpQLSdR5RG66WnmHFrG3ZbjjdpRnKPj...

Archivo:Logo da Xunta de Galicia (1985).svg - Wikipedia, la enciclopedia  libre

INICIO DAS CLASES

Cómo ahorrar en la vuelta al cole más cara con estos 12 trucos

O inicio das actividades lectivas terá lugar o próximo luns día 11 en horario normal pese ás obras que se están desenvolvendo. As obras no interior dos edificios xa remtaron aínda que no exterior continuarán un mes máis.

INSTRUCIÓNS PARA A RECEPCIÓN DO ALUMNADO O LUNS 11 DE SETEMBRO

Debido ás obras no edificio de Primaria e para facilitar unha recepción ordenada e organizada, o luns 11 de setembro todo o alumnado á súa chegada irá para o patio de secundaria. Alí procederase da seguinte maneira:

- ALUMNADO DE SECUNDARIA

O alumnado de secundaria á súa chegada irá para as pistas deportivas onde agardará a ser chamado para as aulas.

- ALUMNADO DE INFANTIL E 1º e  2º de PRIMARIA

O alumnado de infantil e primeiro e segundo de primaria será recollido polas súas profesoras correspondentes diante da cancela de entrada habitual para conducilos por unha nova entrada cara ao edificio de infantil.

- ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA

O resto do alumnado de primaria irá para o patio do edificio de secundaria. Alí estarán as súas profesoras agardándoos para levalos ás aulas.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013