OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA O FORTE. CURSO 2024/25
Estimadas familias:
Comeza un novo curso escolar, dende a ANPA imos manter as actividades que o curso pasado tiveron éxito entre o alumnado e ofertamos dúas novas propostas das que ampliamos información no documento adxunto
-
Informática- mecanografía -robótica
-
Música e Movemento
Por petición de varias familias damos a opción de ir 2 días a Zumba e engadimos Fútbol Gaélico para Primaria. Cómpre aclarar que a actividade de Gaélico NON leva parella a disputa de partidos na fin de semana. SÍ pode ser posible a realización dalgún torneo de xeito puntual.
Para inscribirse tedes que cubrir o formulario que atoparedes no seguinte enlace:
As actividades de 14:30 a 15:25 rematan a tempo para volver no autobús e as marcadas en azul non.
Igual que o ano pasado, a partir da inscrición nunha segunda actividade por familia descontaráse 2 € por actividade
Tódalas actividades teñen un recargo de 5€/mes para as familias non socias, polo que reenviamos enlace para facervos socios da ANPA : Enlace (pincha aquí)
Datas importantes a ter en conta:
-
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o venres 20 de setembro.
-
Publicación das extraescolares na que se formou grupo (mínimo 8): xoves 26 de setembro.
-
Comezo das actividades: 1 de outubro de 2024.
-
Fin das actividades: venres 30 de maio 2025.
Un agarimoso saúdo
A directiva da ANPA O Forte
AVISO IMPORTANTE
O VENRES 26 DE XULLO PERMANECEREMOS PECHADOS POR PONTE
DESCULPADE AS MOLESTIAS
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
Como todos os anos no noso centro celebramos unha carreira
solidaria, este ano as doazóns serán pola loita “Contra a leucemia
infantil” toda a recaudación irá destinada á investigación desta
enfermidade. Cada ano en España 350 nenos son diagnosticados de
leucemia, 1 de cada 5 non consegue sobrevivir, coa nosa participación
podemos axudar a lograr que o 100% se cure.
Este ano a recaudación foi de 676,50€
Queremos agradecer á Comunidade educativa a súa enorme participación
Moitos grans de area xuntos fan unha montaña.
GRAN XORNADA DE FUTBOL GAÉLICO EN URDILDE
O 14 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nun
torneo intercentros de fútbol Gaélico enmarcado dentro do programa XOGADE
que tivo lugar no CEIP de Pumar en Urdilde
No torneo participaron o noso centro, o CPI Viaño pequeno, de Trazo e o CEIP
de Pumar en Urdilde
Os rapaces e rapazas pasaron unha xornada de convivencia e competición na
que os postos acadados forón dous segundos postos e un tercer posto nas
diferentes categorías.
Noraboa rapaces e rapazas.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO
Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 ata o 8 de xullo. Pode presentarse o alumnado cunha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos.
Para máis información pincha na ligazón.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25 EDUCACIÓN PRIMARIA
Premede nos vínculos de cada un dos cursos para ter acceso á listaxe de libros de texto para o curso 2024/25
COMEDOR ESCOLAR 2024/25
→Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa, no curso 2024-2025.
Todo o alumnado usuario do comedor escolar deberá entregar o impreso de autodeclaración de prezos públicos de comedor antes do 1 de setembro (recoméndase facelo antes do 31 de xullo.)
Impreso de autodeclaración | 1 |
→Está aberto o prazo para inscribirse como colaboradores de comedor ata o 8 de setembro
Impreso solicitude colaboración atención comedor escolar |
CONCERTO DE FIN DE CURSO POLO DÍA EUROPEO DA MÚSICA
OBRADOIRO DE PANDEIRETA
Moitas grazas!
LETRAS GALEGAS 2024
Os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixemos unha selección das palabras máis fermosas do galego para nós.
https://drive.google.com/file/d/17pIq2FLv5qNIcmTQH_zYhA8WLU2xbFAd/view?usp=drive_link
FORMULARIOS DE MATRÍCULA
O prazo oficial de matrícula para o curso 2024/25, é do 20 de xuño ao 10 de xullo pero para axilizar o proceso rogamos que se respecten as datas propostas:
Do 20 ao 30 de xuño:
- EDUCACIÓN INFANTIL (so alumnado de novo ingreso): Deberán presentar
- Documentación: Fotocopia tarxeta sanitara do menor.
Dúas fotos tamaño carné.
Informe médico no caso de alerxias alimentarias.
Sentenza no caso de separación ou divorcio.
- EDUCACIÓN PRIMARIA (so alumnado de novo ingreso): Deberán presentar
- Documentación: Fotocopia tarxeta sanitara do menor.
Dúas fotos tamaño carné.
Informe médico no caso de alerxias alimentarias.
Sentenza no caso de separación ou divorcio.
- EDUCACIÓN SECUNDARIA: Deberán presentar
Do 1 ao 5 de xullo:
- 3º ESO: Formulario matrícula
Seguro escolar (1, 12. Pagarase na secretaría do centro)
- 4º ESO:Formulario matrícula
Seguro escolar (1,12€. Pagarase na secretaría do centro)
Do 5 ao 10 de xullo:
- 1º ESO:Formulario matrícula
- 2º ESO:Formulario matrícula
Todo o alumnado deberá presentar a autorización de imaxe e a autorización de contorna.
DATAS IMPORTANTES A TER EN CONTA ESTE FINAL DE CURSO
DATA |
ACTIVIDADE |
Venres 14 de xuño | 12.00h: Acto de graduación do alumnado de 6º de Infantil. |
Venres 21 de xuño |
Último día lectivo Último día para presentar a solicitude de participación no Fondo Solidario de libros de texto, de axuda para mercar libros e material escolar. |
Martes 25 xuño |
Entrega das certificacións académicas (4º ESO) ao rematar o acto de graduación. |
Do 20 ao 30 de xuño |
Plazo de matrícula Educación primaria (só alumnado de nova incorporación) |
Do 1 ao 10 de xullo |
Plazo de matrícula Educación Secundaria. Para axilizar o proceso, rogamos que o alumnado de 3º e 4º de ESO se matricule antes do 5 de xullo. |
A partir do 10 de xullo | Entrega dos vales de libros (1º e 2º Educación Primaria) e de material a quen corresponda. |
12 de xullo | Publicación das listaxes provisionais de admitidos fondo de libros. |
Ata o 15 de xullo | Reclamacións ás listaxes provisionais. |
18 de xullo | Publicación das listaxes definitivas de admitidos do fondo de libros. |
CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Este ano o noso centro participou, como é costume dende hai varios anos, na X Carreira Camiño das Letras.
Nesta carreira o alumnado conseguiu o trofeo ao Centro educativo con máis participantes
Noraboa a todos eles e elas!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »