O pasado mércores 30 de outubro, vivimos unha xornada de intercambio cultural e deportiva que nos fai especial ilusión compartir con todos vos.
Como sabedes dende a nosa ANPA tentamos ofertar actividades extraescolares que fomenten un estilo de vida saudable e que sexan enriquecedoras para os nosos cativos.
Durante a semana pasada tivemos de intercambio na nosa contorna a un equipo Irlandés de futbol gaélico feminino, o Erin Go Bragh.Un grupo de 19 rapazas de entre 13 e 15 anos coas que pasamos unha xornada do máis divertida.
Desputamos dous partidos (un entre o Gaélico O Forte e o Erin Go Bragh e outro entre dous equipos formados por unha mestura de xogadores de ambolos dous equipos), nos que o de menos foron os resultados.
Despois dos partidos desfrutamos dun terceiro tempo no que xantamos, probamos castañas, intercambiamos agasallos e mesmo, fixemos unha foliada improvisada.
Grazas ao programa Gaélico escolas e a Global Games por facelo posible e por suposto ao Concello de Boqueixón e ao CPI Antonio Orza Couto por deixarnos as instalacións.
Continuamos sumando experiencias.
A directiva da ANPA O Forte