CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

4º B rutinas didácticas diarias

https://youtu.be/CxPLMCKe4T8

Neste vídeo explícovos cales son as vosas rutinas diarias A PARTIR DE HOXE MESMO.Risa

Resúmovolas aquí:

 

ESTA SEMANA EMPEZAREMOS COA  CREACIÓN DO GRÁFICO DO TEMPO COMO FACÍAMOS NA AULA. ESTE É SÓ UN EXEMPLO SÉ CREATIVO.

GRÁFICO TIEMPO.jpg

 

TAMÉN FAREDES ENIGMAS DIARIOS, PODEDES INVENTALOS OU BUSCALOS. EU VOS PROPOÑO ESTE:

ENIGMA MATEMÁTICO.jpg

EMPEZAREDES A ESCRIBIR UN DIARIO, COMO NON PODEMOS FACER A ASAMBLEA ENTRE TODOS E TODAS POIS ESCRIBIRIDES O MÁIS INTERESANTE QUE VOS OCORREU NO DÍA NUN CADERNO CREADO POR VÓS. ASÍ CONSTRUIREDES UN MARABILLOSO DIARIO DE AVENTURAS.

https://www.youtube.com/watch?v=_qTTbJW8ERc (esta idea é moi elaborada vos podedes facelo mñais sinxelo co material que teñades na casa)

 

TEDES QUE ESCRIBIR UN MENÚ SEMANAL OU MENSUAL DO QUE IDES COMENDO NA CASA OU DO QUE VOS GUSTARÍA COMER. PODEDES FACER DÍAS TEMÁTICOS,  O DÍA DE ITALIA POR EXEMPLO.

https://www.pequerecetas.com/wp-content/uploads/2020/02/menu-semanal-marzo-2020.pdf ( ESTE É UN EXEMPLO)

 

POR ÚLTIMO, NOS VOS ESQUEZADES DE LER A DIARIO.VergoñaGuiño

 

ARTS: Hello Students!!

Hello!!!! How are you?. The teacher Montse and the teacher Vero send you some songs for you to remember and sing.

(Ola!!!! Como estades?. A profe Monste e a profe Vero enviánvos algunhas cancións para que recordedes e cantes.)

Super Simple Songs 

 

The spring begins, so let`s paint some flowers from the KroKotak page.

(Comeza a primavera, así que imos pintar algunhas flores da páxina KroKotak)

Bye! Bye!

Montse and Vero

TAREFAS LUNS, 23 DE MARZO

Bos días! Comezamos a semana! A continuación, colgámosvos as tarefas para o día de hoxe.

Como xa sabedes debedes clicar encima das imaxes para acceder as actividades.

              

 

Non vos esquezades de ler algún libro 10 minutos en voz baixa e outros 10 en voz alta. Ademais de repasar as táboas de multiplicar. Podedes facelo a través destes xogos: Xogo 1 e Xogo 2.

FELIZ LUNS!!!

 

 

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Actividades vindeiros días. Facelas libreta galego.

Para acceder as mesmas, pulsade aquí.

Comprensión e expresión oral de diferentes estados e emocións

Dende ARASAAC comparten distinto material para traballar a comprensión e expresión oral de diferentes estados e emocións, así como a causa que os provoca.

A actividade consiste en ir mostrando as láminas con distintas situacións cotidianas e ir respondendo a preguntas do tipo: Quen?, Como está?, Por que?.

Ademais podemos traballar a adquisición de vocabulario, a construcción de frases, a pragmática e a lectura global.

 Diversos xogos de estados e emocións

 

Estados e emocións con pictogramas.

 

 

Avións de papel

Con avións de papel podemos facer un estupendo exercicio de lanzamento.

Con que precisión podo lanzar?

Canta distancia percorre o meu avión?. Son capaz de facelo aterrar na mesa?

Podo controlar a traxectoria do avión co lanzamento?

Todas as respostas dependen da nosa habilidade lanzando, pero sobre todo, construíndo o avión.

Pero ten coidado:  non tiredes o avión pola ventá!!

PERCUSIÓN CORPORAL

      Animádevos a practicar estes xogos de percusión corporal.

Para 1º : " CHOCOLATE"

Para e " BIM BAM BIRI BAM"

Para 4º: " SIMAMAKA"

Para 5º e 6º, "BOOM, SNAP, CLAP"

 

PERCUSIÓN CORPORAL

Hoxe propóñovos unha serie de xogos de percusión corporal . Veña, a practicaaaar!

Para : " CHOCOLATE"

https://youtu.be/JEOoHApBJgo

Para e : "BIM BAM BIRI"

https://youtu.be/zkgYMgMN9_U

https://youtu.be/U7Bcg8GgfsA

Para : " SIMAMAKA"

https://youtu.be/o8Nxcp8maYo

Para e : " BOOM SNAP CLAP"

https://youtu.be/IDT_N5Lf4jI

https://youtu.be/UkFs5glUMjw

 

Ideas para estar na casa

Propostas de tarefas para realizar dentro da casa, dende o DO, profes de PT e AL:

  • Fai un horario da semana e planíficate. faino ben bonito.
  • Ordea a túa habitación e fai un listado das cousas que tes nela (tamén podes facer un debuxo).
  • Busca en google unha figura para facer con papiroflexia e practica a calma e a paciencia.
  • Fai unha manualidade chula, plastilina, masa de xogar, masa de sal, etc.
  • Inventa un xogo e debuxao.
  • Ve unha película e fai un resumo ou debuxo.
  • Recorta debuxos ou fotografías de revistas ou xornais e fai un cómic.
  • Escribe un diario de cada día que estamos na casa, no que contes que fíxeches, que aprendiches de novo, con quen estiveches.... tamén podes facer debuxos para acompañar.
  • Xoga a xogos de mesa coa túa familia. Parchis, Monopoly, Tabú, pictionary...
  • Fai un listado de palabras ou oracións con distintos elementos do noso fogar ( podemos facelo por habitacións, por exemplo: palabras da cociña, do cuarto de baño, garaxe...)
  • Busca tickets de supermercado e fai distintas operacións con eles (sumas, restas, multiplicacións...).
  • Fai debuxos dos paisaxes que ves dende o teu fogar e describeos.
  • Busca por casa algunha fotografía e escribe algunha oración que a defina.
  • Aprende unha cantiga ou estrofa dunha canción.
  • Recolle información sobre un tema que che interese coma por exemplo "os dinosaurios".
  • Cociña algo e escribe a receita (pode ser con debuxos).
  • Colle revistas,xornais, folletos... e recorta distintas palabras sinxelas co obxetivo de elaborar un dicionario pegando as palabras recortadas.
  • Imaxina que entrevistas a alguen famoso, inventa preguntas divertidas.
  • Esconde mensaxes positivos por casa. Colle papel e lápiz e deixa mensaxes sorpresa pola casa.
  • Debuxa retratos da xente da casa ou de fotos.
  • Escribe o teu árbore xenealóxico. Colle papel e lápis e reproduce a árbore da túa familia cun debuxo.
  • Fai un collage. Saca as revistas vellas e monta un personaxe divertido ou unha paisaxe imposible.
  • Planta lentellas con algodón mollado e vai debuxando o seu proceso.
  • Escribe unha carta a unha persoa especial.
  • Crea marcapáxinas.

Sobre todo sigue sorrindo :D

 

* Ideas quitadas do estupendo traballo das compañeiras do CEP Xose Neira Vilas e da Estación Bambalina.

Distribuir contido