CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

MATERIAL ESPECÍFICO 1º PRIMARIA

 


MATERIAL ESPECÍFICO LEO 9 E  MATEMÁTICAS:

Aquí abaixo hai un ficheiro adxunto do LEO 9 (para os que non o teñen en casa) e dez fichas adxuntas de enumeración, decenas e unidades, descomposición, cálculo , atención diferenzas e realizarase por orde, do 1 ao 10.

Vídeo dos meses do ano:

 

 

SEMANA DE EDUCACIÓN VIAL

Esta semana, do 9 ao 12 de marzo, estivemos celebrando a Semana da Educación Vial. Despois de aprazala a causa do mal tempo, ao final a cousa non puido saír mellor, pois o bo tempo acompañou nos catro días. Un a un tódolos nenos e nenas dos diferentes cursos puideron gozar dunha charla de educación vial e, sobre todo, do circuíto e do despregue de vehículos oficiais dos distintos corpos de seguridade.

Na pista de abaixo montouse un circuíto cos seus semáforos, sinais e liñas de circulación, e os nenos e nenas, unhas veces como peóns e outras como vehículos, foron percorrendoo, iso si, sempre respectando os sinais. Foron días de emoción, pois o alumnado levou as súas bicicletas para facer o circuíto, e xa, de paso, pasear con elas polo patio ou indo e vindo ao cole nelas.

O alumnado de quinto e sexto curso tamén tivo  opción de montar en karts, facilitados pola DGT para esta actividade.

Non menos emocionante lles resultou a nenas e nenos montar nos coches e camións oficiais, facer soar as sereas ou comunicarse polas radios.

Esta actividade  foi xestionada e organizada pola ANPA Mosteiro, a que adicaron moitas horas de traballo. Dende o centro queremos achegarlle o noso agradecemento polo impresionate traballo realizado.

Tamén facer chegar o noso agradecemento  a Policía Local, ao Sarxento da Garda Civil de Tomiño, Protección Civil, DXT de Porriño, as persoas que trouxeron o equipamento para montar o circuíto e Concello de Tomiño por axudar a sua montaxe.

Para ver as fotos da actividade premede na imaxe.

 

 

VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA

Os voluntarios de 5º e 6º seguen a traballar na Biblioteca. Debido ó gran éxito que tiveron as lecturas e interpretacións pasadas, volveron a realizalas para diferentes grupos ademais de preparar diversas actividades sobre as mesmasA que sabe a Lúa, Salvaje, Blancanieves y los siete enanitos e El viaje, foron as obras protagonistas nos Momentos Lectores.  

Ademais de preparar estas interpretacións os voluntarios centráronse na elaboración do Menú Lector e na realización dun Memori. Este xogo conta cas portadas de diferentes libros que se atopan na exposición relacionada co proxecto E-Comedor.

Para ver todas as imaxes, prema aquí.

 

 

 

NOVIDADES

Pásate pola biblioteca, contamos cunha chea de novidades!

Xa temos a revista O Papagaio nos nosos estantes así que podedes achegarvos a ollala!

Ademais de novos libros sobre alimentación, ecoloxía, cociña … Todos eles súper interesantes e desexando ser lidos! Estes son soamente unha pequena mostra de todas as novidades que vos esperan!

DÍA DA MULLER 2020

Esta semana todos os nenos e nenas do CEP Pedro Caselles estivemos facendo un mural coas mulleres da nosa vida. Cada quen escribiu, despois de moito pensar as mulleres máis importantes da súa vida, nais e avoas gañaron por clara maioría, pero tamén tivemos activistas, cantantes, amigas, en fin, non vos perdades as fotos do evento, premendo na imaxe.

ENTROIDO 2020

Hoxe día de xogos e diversión no CEP Pedro Caselles. Celebramos un entroido que xiraba arredor do proxecto E-comedor. Camareiros, cociñeiros, plantas, ratiños, queixos, deportistas e oficios de sempre encheron as rúas de Tomiño neste día primaveral.

E logo seguimos coa diversión, primeiro degustación dos doces do Certame Gastronómico aportados polas familias e logo xogo e máis xogo, non en van, temos o mellor patio de xogos do mundo!

Para ver tódalas fotos preme na imaxe.

ESTAMOS DE ENTROIDO!

Maña é o gran día do desfile de Entroido, no que todos poderedes mostrar os vosos mellores disfraces.

Xa fomos preparándonos dende o luns seguindo os mandados do Meco. Esperamos que os cumprirades todos!

QUEBRARTE

Seguimos a traballar a arte dende a biblioteca!

Despois de Retrátate con gusto que tivo un gran éxito comezamos con Quebrarte. En qué consiste esta actividade? Partimos da obra El Puchero de legumbres de Giuseppe Arcimboldo.

Unha vez que os nenos coñeceron este cadro, fixeron a súa propia obra, decorándoa o seu gusto. Cando estivo rematada crearon un crebacabezas coa mesma. Por último, intercambiáronse os crebacabezas para intentar completalos.

 

 Ó igual que a anterior, esta actividade desenvolveuse durante os recreos.

 

VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA

Dende a biblioteca estamos levando a cabo un proxecto de voluntariado. Alumnos de 5º e 6º, distribuídos por grupos, encárganse das diferentes actividades que se desenvolven no Momento Lector.

Unha destas actividades son as Lecturas Compartidas que están a ter un gran éxito. Os nenos, supervisados por dúas mestras, prepararon ditas lecturas xunto con diferentes actividades.Todas elas do máis motivador e dinámico.  

Así, os alumnos de 1º puideron disfrutar do conto A que sabe a Lúa.

Os nenos de 2º escoitaron a lectura do libro Salvaje.

 

Os compañeiros de 3º disfrutaron do conto Blancanieves y los siete enanitos con representación incluída.

E por último, os alumnos de 4º deleitáronse co libro El viaje.

 Para ver todas as imaxes, prema aquí.

Como dicíamos anteriormente, estas actividades están a ter un grandísimo éxito, polo que se repetirán ó longo de Febreiro con outros grupos.

Distribuir contido