Neste curso 2012/13 nos incorporamos ao Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
O plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita.
Nesa liña ofreceremos productos de cada momento, en catro semanas repartidas no curso, comezando o 15 de outubro con uvas, mazás, plátanos, peras e mandarinas (de luns a venres).
No momento do recreo ofrecerase á totalidade dos alumnos/as unha ración de froita, para comer en lugar do bocata, bollería, ou outro producto que habitualmente trae de casa.
O éxito do plan depende do grao de aceptación entre o alumnado, e para iso precisamos a colaboración de todos/as: os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumnos, organizaremos actividadesde ambientación... E nas familias precisamos que faledes con eles do importante dunha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.
Podedes obter máis información sobre este proxecto, así como recursos didácticos, no enderezo web www.alimentacion.es, ao que se accede pinchando na fotode arriba.
Traballamos coas froitas
Luns 15 de outubro de 2012- UVAS
Martes 16 de outubro de 2012- MAZÁNS
Mércores 17 de outubro de 2012-PLÁTANO
Xoves 18 de outubro de 2012-PERA
Venres 19 de outubro de 2012-MANDARINA
Luns 19 de novembro de 2012- MANDARINAS
Martes 20 de novembro de 2012-KIWI
Mércores 21 de novembro de 2012-UVAS
Xoves 22 de novembro de 2012-PLÁTANO
Venres 23 de novembro de 2012-PERA
Luns 18 de febreiro de 2013- MAZÁN
Martes 19 de febreiro de 2013- PLÁTANO