Neste curso retomaremos a distribución de froita e leite no recreo, polo programa do FOGGA no que estamos inscritos.
Comezaremos coa froita e o leite o día 15 de xaneiro.
Froita:
Nos días indicados distribuirase a froita que se indica (agás que por circunstancias de distribución teñamos que modificar).
Facilitarase unha ración a cada alumno/a no tempo de recreo ou en momentos previos.
Leite:
Comezaremos o mesmo día 15 e distribuirase durante catro semanas (ata o 9 de febreiro). Daráselles leite enteiro de calidade (leite galego). Haberá leite sen lactosa para o alumnado con certificación médica de intolerancia.
Para iso precisamos que os vosos fillos e fillas traian ao colexio unha taza ou vaso, que utilizará cada día no consumo deste leite.
O programa está enmarcado nas directrices sanitarias do fomento dunha correcta alimentación, tan importante para o crecemento san do noso alumnado, e supón un esforzo que temos que compartir mestres/as e pais/nais para consolidar bos hábitos alimentarios que perdurarán na súa vida.
Está financiado con fondos europeos, polo que resultará gratuito para as familias.
Como outros anos, haberá un segundo período de distribución no mes de abril.