Estimadas familias:
Dende a ANPA imos facer o pedido do chándal do colexio e o conxunto corto como en anos anteriores.
A adquisición é voluntaria, pero a idea é que todos os/as nenos/as dispoñan deles, cara o deporte escolar, campionatos, excursións, turonias…, para que todos vaian iguais e os/as mestres poidan identificalos mellor.
CHANDAL marca Joma: chaqueta de cremalleira de cor verde representando a cor do colexio. No peito ten serigrafiada a mascota do centro “UNCAS” xunto co nome do/a neno/a e na espalda CEP Pedro Caselles Beltrán Tomiño. O pantalón de cor negro, co nome do/a neno/a nunha perna. O prezo do chandal sería:
- Socios: 35 € - Pantalón solto 18€ e a chaqueta solta 18€.
- Non socios: 40 € - Pantalón solto 20€ e a chaqueta solta 20€.
CONXUNTO CORTO marca Joma: é todo verde representando tamén a cor do colexio. A camiseta no lateral dianteiro vai coa serigrafía da mascota do centro “UNCAS” xunto co nome do/a neno/a e na parte de atrás CEP Pedro Caselles Beltrán Tomiño, o pantalón levará tamén o nome do/a neno/a.
- Socios: 19€ - Pantalón solto 8€ e a camiseta solta 11€.
- Non socios: 24€ - Pantalón solto 10€ e a camiseta solta 14€.
PEDIDOS
Os únicos días que estaremos serán o venres 27 de novembro e o venres 4 de decembro en horario de 16:00h a 18:00h no colexio diante de secretaria.
A forma de pago é en efectivo no momento de facer o pedido.
Por protocolo sanitario non se poden probar as prendas, aconsellamos traer as medidas ou prenda para comparar. Teremos todas as tallas para nenos/nenas.
PDF con tablas de medidas: