CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Dependencias

Características

O C.E.P. Pedro Caselles Beltrán está situado no Concello de Tomiño. É unha zona rural, con grandes espazos naturais que nos permiten fomentar múltiples actividades para coñecer e incentivar o respecto polo medio ambiente.
O Centro consta de :
-Edificio administrativo.
-Edificio Escolar.
-Ximnasio.
-Casa de conserxe.
-Un gran patio exterior con campo de fútbol, dúas pistas polideportivas e xardíns.

 

O edificio escolar consta de dúas plantas. Na planta baixa atópanse a cociña, comedores, biblioteca, baños, aula de música, inglés. pedagoxía terapéutica e catro aulas de Primaria. Na planta alta atópanse a aula de informática, a de AL, outra de inglés, relixión, audiovisuais, laboratorio e oito aulas de Primaria.

O patio exterior, é moi amplo, con espacios máis que suficientes para as distintas actividades dos alumnos, aínda que con necesidades de restauración, fundamentalmente das pistas polideportivas. Albergaría cómodamente un pavillón deportivo sen mermar posibilidades ao recinto. Levamos anos agardando o momento en que se faga.

Distribuir contido