D
espois de varios aprazamentos por mor da chuvia, este mércores celebramos o Magosto, por pouco non o fixemos cadrar co San Martiño. Ao longo da mañá as nenas e nenos de sexto curso estiveron de monitores de varios xogos populares: mariola, trompos, merro, zancos, carreiras de sacos, ra, chave,... O resto do alumnado de 1º a 5º formados en equipos foron rotando e gozando.
Mentras xogaban, outro grupo foi o encargado de asar as castañas. Rematamos a xornada coa degustación das castañas. Estaban boísimas.
Desde o centro queremos agradecer ás familias as súas aportacións de castañas e leña.
Podedes ver tódalas fotos facendo clic na imaxe:
https://photos.app.goo.gl/TgghSbgBD4mBDY598