CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

FESTIVAL FIN DE CURSO 2024

E chegados ao último día deste curso non podía faltar o noso Festival de Fin de Curso. Nun día espléndido, nenas, nenos, mestras e mestres amosáronnos o seu lado máis artístico. 

O comezo foi algo accidentado porque os micrófonos empeñáronse en non funcionar e iso atrasou a hora en que estaba previsto empezar, pero todo ten arranxo. Este curso se cabe foi un pouco máis especial, pois despedíamos ao que foi o noso director durante 12 anos, Alfonso.

Pouco a pouco iremos colgando máis cousiñas, a medida que vaiamos finalizando a montaxe. Podedes ver as fotos do día premendo na imaxe.