CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Actividades Complementarias

O MECO MANDA...

Para mañá martes, o Meco manda...

“Se queres ser un peregrino molón

trae un calcetín de cada cor.”

O MECO MANDA...

O vindeiro luns comezamos coa celebración do entroido no Caselles. Non esquezas facer caso ao Meco, que xa apareceu polo noso cole coa súa primeira orde:

"Cando o entroido comeza

non esquezas levar algo na cabeza"

 

Día da Paz 2022

Ao ritmo de "Apertas que voan" de Paco Nogueiras celebramos hoxe o día da paz. Nenas e nenos de tódolos cursos, saíron ao patio para formar ben grande a palabra paz. Unha verba que sempre debería estar nos nosos beizos e na nosa mente. PAZ

Preme na foto para ver máis imaxes do evento

UN NADAL DIFERENTE

 

Outro ano máis o Nadal non se puido celebrar con normalidade, outro ano máis en que suspendemos o noso festival, pero aínda así o espírito do Nadal inundou o Caselles. 

A nosa súper ANPA Mosteiro conseguiu convencer a Papá Noel que viñera a mimar un pouco aos nenos e nenas do Pedro Caselles, e ademais trouxo un agasallo para cada un. Fíxonos moita ilusión e recibímolo cos brazos abertos. Premede na imaxe para ver tódalas fotos.

Ao longo da mañá cada curso fixo fronte e resolveu un reto pensado polos seus compañeiros, podedes velo AQUÍ

E coa axuda das familias decoramos o centro con cunchas de vieira moi navideñas, premede na foto para velas todas.

 

 

SAMAÍN-HALLOWEEN 2021

Xa ven sendo habitual celebrar o Samaín no Caselles o último día de outubro. Murais que meten medo, historias terroríficas, e un colexio cheo de bruxas e bruxos, morcegos e morcegas, vampiros e vampiras, zombis...cousas que nin podedes imaxinar.

Tampouco faltou a exposición de cabazas coa que colaboraron as familias, e vaia se colaboraron!, tivemos que poñer unha mesa extra.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

FESTA DO OUTONO E MAGOSTO 2021

Por primeira vez, despois de dous anos, tivemos unha celebración con tintes de normalidade. Faltounos a presenza e o calor das familias, e os diferentes niveis non se puideron mesturar, pero aínda así, a nosa festa do outono, xa nos recordou a outras épocas, na que o coronavirus non controlaba a nosa existencia.

Empezamos a primeira hora coas carreiras por niveis. Todos os nenos e nenas do Caselles  fixeron a súa carreira na medida das súas posibilidades e gozando ao máximo. 

Rematada a carreira, e despois dun pequeno recreo, comezaron os xogos populares: marro, soga-tira, carreira de sacos, a ferradura, a ra, brilé, buxainas, mariola, chave, as catro esquinas e zancos. Todos estes xogos estiveron controlados por uns monitores e monitoras moi especiais, as nenas e nenos de sexto curso. Ao mesmo tempo outro grupiño estivo facendo as fogueiras e asando as castañas. Temos que felicitar o bo facer e o alto nivel de competencia destes axudantes.

E xa como remate de xornada, degustación das castañas asadas. Estaban boísimas!!!

O dito, non foi normalidade, pero parecíase bastante.

Para ver as fotos da xornada, preme AQUÍ

 

O CASELLES VAI Á VENDIMA!!!

 As adegas Altos de Torona invitáronnos a compartir a súa vendima, e foi unha oportunidade que non quixemos desperdiciar. Nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º curso, aproveitando a proximidade dos viñedos ao noso colexio, fomos dando un paseíño. O alumnado 3º e 4º foron e volveron andando, 1º e 2º só baixou, custou subir a costa, pero despois gozamos das marabillosas vistas do seu  miradoiro. 

Recibíronnos unhas mozas moi atentas que lle regalaron unhas camisetas a cada neno e nena, que de seguido estrearon. Despois explicáronnos cousas moi importantes e moi interesantes sobre as uvas e a vendima. E xa como remate, todos a vendimar!!!

Foi unha experiencia moi educativa e enriquecedora, e dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán queremos agradecer as adegas Altos de Torona a invitación e o trato recibido. Esperamos repetir o ano que ven. Moitas grazas!

Para ver as fotos, preme AQUÍ.

 

FESTA FIN DE CURSO

Xa chegou o remate do curso!

Foi un curso especial e diferente por mor da COVID-19!

Pero a pesar de todo isto, saímos adiante e superamos as adversidades e o alumnado do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN esforzáronse e superánronse con todas as novidades que dita situación conlevou: uso de tapabocas e xel, respectar as distancias, os grupos-burbullas....

Uns auténticos campeóns!

Coa situación da COVID cunha certa estabilidade celebrouse o tradicional festival de despedida do curso. A continuación deixamos fotos e videos coas diferentes e variadas actuacións na que participaron todos os cursos do colexio pero os grans protagonistas foron os alumnos e alumnas de 6º de primaria que nos deixan unha pegada polo seu paso no noso centro.

Moita sorte na vosa andaina polo instituto!

Para ver as fotos do festival preme na imaxe

 

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2021 - PECHE SEMANA CULTURAL

Coas condicións meteorolóxicas favorables rematamos a semana cultural coa celebración do Festival das Letras galegas.

Os protagonistas e o peso leváronno os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria pero houbo distintas participacións doutros cursos, dando como resultado a unha variedade de actuacións. Dende unha dramatización relacionada coa temática do cole (E-COMEDOR), presentación e recitado adicado á escritora homenaxeada polas Letras Galegas: Xela Arias e, por último, homenaxe a nosa cultura e a nosa contorno.

Ademais  entregouselles un diploma aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria como recompensa ao seu traballo e esfrozo adicado ao roteiro do día do Libro.

Aquí tedes os videos destas fermosas actuacións que, a pesar dalgúns problemas técnicos de son, os nenos e nenas realizaron espléndidamente.

 

 

Distribuir contido