CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

FROITA NO RECREO

Esta semana comezamos co programa do Plan Proxecta "Froita na escola"

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste caso a colaboración é coa Consellería de Medio Rural e do Mar coa fin de mellorar os hábitos alimenticios do alumnado, na modalidade denominada "Froita na escola" co obxecto de fomentar o consumo de froita entre o alumnado.

Durante a semana facilitarase a cada neno e nena unha peza de froita para consumir no recreo.