CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Froita 2012/2013

Neste curso 2012/13 nos incorporamos ao Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.

O plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita.

Nesa liña ofreceremos productos de cada momento, en catro semanas repartidas no curso, comezando o 15 de outubro con uvas, mazás, plátanos, peras e mandarinas (de luns a venres).

No momento do recreo ofrecerase á totalidade dos alumnos/as unha ración de froita, para comer en lugar do bocata, bollería, ou outro producto que habitualmente trae de casa.

O éxito do plan depende do grao de aceptación entre o alumnado, e para iso precisamos a colaboración de todos/as:  os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumnos, organizaremos actividadesde ambientación... E nas familias precisamos que faledes con eles do importante dunha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

Podedes obter máis información sobre este proxecto, así como recursos didácticos, no enderezo web www.alimentacion.es, ao que se accede pinchando na fotode arriba.

Traballamos coas froitas

 

 

Luns 15 de outubro de 2012- UVAS




Martes 16 de outubro de 2012- MAZÁNS

Mércores 17 de outubro de 2012-PLÁTANO



Xoves 18 de outubro de 2012-PERA


Venres 19 de outubro de 2012-MANDARINA

Luns 19 de novembro de 2012- MANDARINAS


Martes 20 de novembro de 2012-KIWI


Mércores 21 de novembro de 2012-UVAS



Xoves 22 de novembro de 2012-PLÁTANO



Venres 23 de novembro de 2012-PERA




Luns 18 de febreiro de 2013- MAZÁN


Martes 19 de febreiro de 2013- PLÁTANO