CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

COÑECEMOS LENDAS DE DIFERENTES PAÍSES!

 

Como xa sabedes, o tema escollido para traballar este ano no cole foi 

PAÍSES E CULTURAS.

 Por este motivo, dende a biblioteca, quixemos que os nenos/as coñecesen lendas e contos típicos do país que lle tocou traballar. Así,  puideron disfrutar das diferentes lecturas.

 

 

 

    

LECTURAS EN PARELLA!

 

 

O día 23, Día do Libro, e 24 durante os momentos lectores

fixemos Lecturas Compartidas. Por parellas, maiores e pequenos

disfrutaron do pracer de ler.

 

 

ABRIL, MES DO LIBRO!

 

Dende a biblioteca poténciase a lectura durante todo o ano pero en Abril faise un especial fincapé neste tema ó ser

O Mes do Libro.

 Unha das actividades que realizamos durante este mes foi “Recoméndoche…”. Tanto os nenos/as como os pais do cole podían proponer libros para que outros lectores disfrutasen deles.

A ler!

 

 

TEATRO NA BIBLIO!

O pasado mes de marzo adicámosllo ó teatro. Nenos e nenas de todos os cursos prepararon  dúas obras de teatro moi divertidas, O Caracol Cardiño e O Elefante e os Cegos. Unha vez preparadas representáronas nos momentos lectores para que os demais compañeiros/as puideran disfrutar delas. 

Contamos cuns actores e actrices marabillosos!

 

CHARLA SOBRE PORTUGAL

Ivonne, a nai de Luna e Kevin, visitou hoxe as nenas e nenos de sexto curso para falarlles do seu pais, Portugal.

Primeiro faloulles de monumentos, comidas, postres e curiosidades sobre Portugal, e despois respondeu a tódalas preguntas que o alumnado lle fixo sobre o país veciño.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

CHARLA SOBRE BRASIL

E continuamos coas charlas do proxecto "Ucastour", hoxe o papá de Adam de 3ºB veo a visitarnos e contarnos cousas sobre o seu país, Brasil.
Falounos dos deportes máis practicados, como o fútbol praia, que tamén se está a xogar na Praia do Vao, das festas e instrumentos e comidas típicas!

Para rematar agasallounos cuns “bolinhos de queijo”, unha receita deliciosa!

Para ver máis fotos preme na imaxe.

QUEN VIVE AÍ?

No CEP Pedro Caselles seguimos as voltas coa compostaxe. Este ano anotámonos no programa "Revitaliza" da Deputación de Pontevedra. Levamos participado en moitas charlas e actividades, temos unha composteira e caldeiros de recollida de restos orgánicos...

Esta semana nenas e nenos desde terceiro a sexto participaron na actividade "Quen vive aí?", na que uns monitores nos ensinaron a buscar e observar a gran cantidade de invertebrados que viven no compost:  ácaros, colémbola, larvas de mosca- soldado negras, ovos de miñoca, candelas de frade,  insectos bola...unha actividade a mar de interesante na que se aproveitou para usar as lupas binoculares e microscopios que temos no centro.

Para ver máis fotos peme AQUÍ

ICHIKA FÁLANOS DO XAPÓN

Hoxe nenas e nenos de 1º recibiron unha clase maxistral sobre o Xapón, impartida por Ichika Matsukuma, unha nena do noso colexio de orixe xaponés.

Dentro do proxecto deste ano, paises e culturas, primeiro está traballando o Xapón, por iso botamos man de Ichika e dos seus coñecementos.

En primeiro lugar fixo unha comparativa entre o día normal dun neno xaponés e o seu propio día. Despois estívonos falando das comidas no xapón, e xa para rematar escribiunos unha palabra na pizarra co alfabeto xaponés, concretamente "saionara", para despedirse de nós.

Moitas grazas Ichika!!!

VISITA DUN ITALIANO DE PURA CEPA AOS ALUMNOS DE 4º PRIMARIA - PAÍSES E CULTURAS

Coa chegada próxima da semana cultural e relacionándoo co tema anual PAÍSES E CULTURAS, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que estamos a traballar de cheo con ITALIA  recibiron a visita dun italiano, concretamente, de Nápoles. Esta persoa viu ao cole ambientándonos con música, xa que trouxo e tocou o acordeón. Ademais, faloulles da comida, do idioma, das tradiccións, das cidades máis importantes, da comida, ...  e resolveulles dúbidas ao alumnado.

Das comidas, falou da pizza (que a súa favorita e a margarita) e recomendou aos nenos e nenas que se van visitar Italia que pregunten sempre alí onde se come ben e barato. Co acordeón fíxolles referencia da música tradicional, tocando así: a tarantela, oh sole mío,....

En canto ao idioma, mencionoulles que aínda que sexamos de diferentes países, comunícamonos, non só co propio idioma, tamén co sorriso, cos xestos, .... E os italianos teñen esta particulariedade de xesticular moito ao falar, ... Ademais disto, que neste país, non só se fala o italiano, senón que tamén hai rexións que dividen o país, no que se falan outros idiomas.

Agradecerlle a el e á familia dun neno de 4º que puido facer posible que recibamos a visita dun italiano de pura cepa e que enganchara aos nenos e nenas coa súa visita.

Premede na imaxe para ver fotos deste encontro.

 

CUMPLE UNCAS

Este mes de Abril tivemos de aniversario a varias mestras e compañeiras do cole. Moitas Felicidades!

 

Distribuir contido