CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

SAÍDA DIDÁCTICA A GOIÁN

Os máis pequenos do Caselles fixeron este martes unha saída didáctica a Goián.

Nenas e nenos de 1º e 2º curso foron ver unha obra de títeres ao auditorio de Goián. Os titiriteiros A Xanela do Maxín escenficaron a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Pasárono moi ben coas cantigas e as aventuras da toupiña.

Ao remate da obra, gozaron do marabilloso entorno do espazo fortaleza, merendando a sombra dos seus carballos, xogando no parque e compartindo o espazo e xogos con nenas e nenos da Guarda.

Para ver máis fotos da xornada premede na imaxe.

CHARLA SOBRE RCP (REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR)

Como xa é habitual cada ano, nenas e nenos de 6º curso recibiron unha charla, con práctica incluída, sobre RCP (Reanimación Cardiopulmonar).

Esta actividade estivo organizada pola Escola Corazón, asociación sen ánimo de lucro, formada por persoal sanitario cualificado, que percorre os colexios de forma desinteresada, formando ao alumnado na técnica de RCP.

Primeiro nenas e nenos recibiron unha charla acompañada dunha proxección, e despois xa pasaron a facer prácticas en manequíns médicos para RCP.

Un tema interesante e diferente, grazas Escola Corazón!

Para ver máis fotos premede na imaxe.

CumpleUncas

Durante o mes de Marzo tivemos de aniversario a varios amigos/as. Moitos parabéns!

Grupo Ecolóxico na Radio UNCAS

O Grupo Eclóxico do centro pasouse por Radio UNCAS e dixéronnos cousas moi interesantes... 

Escoita aquí o seu primeiro programa.

PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA TOMIÑO

Este mércores nenas e nenos de sexto curso do Caselles acudiron a Vilanova de Cerveira, concretamente á Escola Superior Gallaecia, para participar nunha actividade de artes plásticas.

A actividade fíxose conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira e do CEIP de Barrantes, e forma parte da proposta gañadora deste ano do Proxecto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, concretamente, "Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño" presentada polas ANPAS tomiñesas e cerveirenses.

Foron dúas as actividades que se fixeron a longo da mañá na escola Superior Gallaecia: debuxo de poliedro con sombras e elaboración de cadros con materiais de reciclaxe.

Estas actividades buscan promover unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños que conforman a eurocidade Cerveira-Tomiño.

Para ver máis imaxes preme na foto.

UN PLANETARIO NO XIMNASIO!

Ao longo desta semana as nenas e nenos do CEP Pedro Caselles  participan nunha actividade moi especial.

Por iniciativa e xestión da nosa ANPA, temos instalado no ximnasio un pequeno planetario aportado pola Fundación La Caixa(Educaixa). Nenas e nenos aprenden sobre nocións básicas de astronomía dunha forma activa e intuitiva. O planetario conta con varias proxeccións adaptadas aos diferentes niveis do  alumnado.

Tamén o  CRA Mestre Manuel Garcés visitará o venres o centro para disfrutar desta actividade.

SAÍDA O MONTE TREGA

Hoxe as nenas e os nenos do 1ºCiclo foron coñecer un pouco mellor o poboado castrexo e o museo do Trega. Tiveron unha guía que lles explicou moitas cousas dos antigos poboadores do castro do Trega, na Guarda. Estiveron todos moi atentos e aprenderon moito de arqueoloxía.

Para rematar a xornada fomos merendar e xogar un poquiño ao parque de Pías.

Para ver as fotos da xornada preme na imaxe.

EXCURSIÓN A BUEU

O noso centro está inmerso dentro do plan proxecta ALIMÉNTATE BEN, do cal se inclúe o programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Por este motivo, e mediante sorteo, tocoulles aos nenos e nenas de 4º de primaria ir visitar o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu. Foi unha actividade completa, onde lles ensinaron aos nenos distintas embarcacións (por exemplo o bateeiro) e utensilios (como as nasas para pescar, por exemplo, o polbo) que empregan os mariñeiros para coller produtos de mar.

Logo, na lonxa, puideron palpar ourizos de mar e moitos dos nenos e profes probaron este delicioso produto. Máis tarde, ensináronlles como se subastan os produtos que pasan por alí, na que teñen unha etiqueta de identificación. No noso caso, ensináronnos o do polbo ou o choco. A estes produtos pónselles un prezo de custo alto e van baixando ata que algunha persoa autorizada (empresas, restaurantes,...) decide compralo polo custe que estima oportuno. 

Para rematar, asistimos a praza de abastos na que nos ensinaron a variedade de peixes e mariscos que se venden. A verdade é que houbo gran variedade de produtos. (caballa, tiburon rosa, cazón, xarda, navallas e os xa máis coñecidos, linguado, xurelo,...). Nesta mesma estancia, no primeiro andar, os nenos e nenas vestíronse de chefs (cun gorro de cociña e un mandilón de plástico) e puideron degustar ensalada, dunha especie de cachopos na que se lle integraron produtos de mar e dun iogur de vainilla.

Foi un día moi produtivo!

Preme na imaxe para ver as fotos desta saída.

Distribuir contido