PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA TOMIÑO

Este mércores nenas e nenos de sexto curso do Caselles acudiron a Vilanova de Cerveira, concretamente á Escola Superior Gallaecia, para participar nunha actividade de artes plásticas.

A actividade fíxose conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira e do CEIP de Barrantes, e forma parte da proposta gañadora deste ano do Proxecto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, concretamente, "Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño" presentada polas ANPAS tomiñesas e cerveirenses.

Foron dúas as actividades que se fixeron a longo da mañá na escola Superior Gallaecia: debuxo de poliedro con sombras e elaboración de cadros con materiais de reciclaxe.

Estas actividades buscan promover unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños que conforman a eurocidade Cerveira-Tomiño.

Para ver máis imaxes preme na foto.