Na 2ª xunta dos nenos/as, estivemos valorando as consecucións das peticións das distintas clases. E a verdade é que estamos moi contentos. Xa temos máis material de xogo para os recreos, puntos de lectura ou merenda no patio, e...estamos construíndo un areeiro para os nosos peques, e máis cousiñas.
Pouco a pouco, iremos construíndo o patio que queremos...
como xa sabedes, o mes de setembro é un mes dirixido a por en marcha a nosa biblio. Non obstante, este ano todo é diferente na escola polo que, lamentablemente, temos que transmitirvos que este primeiro trimestre (como medida preventiva) a biblioteca cancela todas as actividades ofertadas á Comunidade Educativa. Isto supón que polas tardes dito espazo tamén permanecerá pechado.
Por sorte, grazas a todos os recursos e medios telemáticos existentes na actualidade, a biblioteca estará presente e activa a través deste blog.
Este curso comeza con moitas novidades por mor da situación que estamos a vivir e que nos obriga a seguir un estricto protocolo para facer frente ao COVID.
Utilización de máscara, desinfección , ventilación, distancia de seguridade,.... Con todo imos seguir facendo e disfrutando da música.
Como non se pode compartir o material nin poderemos, de momento, tocar os instrumentos que hai na aula, pídovos que traiades ao cole unha bolsiña individual con dous vasos de plástico, dous paus chinos e dúas culleres.
E para comezar déixovos dous vídeos:
O 1º é unha versión da canción " MAMBO NUMBER FIVE" de Lou Bega . Unha mestra de música de Albacete púxolle unha letra que fala das medidas de seguridade na volta ao cole para facer frente ao COVID. ( pinchade no enlace)