covid19

Máscara do patio

Cambios na xestión dos contactos estreitos Covid-19 no ámbito educativo

Dende hoxe, luns 7 de marzo do 2022, non se realizará a identificación dos contactos estreitos do alumnado. Isto débese ao acordo acadado o pasado 1 de marzo pola Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial, no que se establece a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables os centros sanitarios, centros sociosanitarios e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Polo tanto, ao non considerarse os centros educativos como ámbitos vulnerables, NON se realizará a identificación dos contactos estreitos e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos para que extremen as medidas de prevención.

 

No seguinte enlace adxunto podedes consultar as recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19.

Actualización na detección e manexo de casos de infección activa pola Covid-19

Ante a subida da infección activa pola Covid-19 na nosa Comunidade Autónoma durante o período do nadal, publícanse unhas novas instrucións sobre como actuar ante distintas situacións provocadas pola pandemia. Podedes consultalas no seguinte ficheiro adxunto

 

Enquisa de autoavaliación clínica da Covid-19

Para unha maior prevención, lembramos á comunidade educativa que no Anexo I do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19”, da Xunta de Galicia, recóllese unha enquisa de autoavaliación sobre os síntomas que se poden identificar coa Covid-19, ante os que se recomenda non acudir ao centro e pórse en contacto co pediatra correspondente. Coidémonos entre todos!

 

 

Voltamos á escola con sentidiño.

Un novo curso comeza e, á espera de que a situación mellore, seguimos coas medidas de protección fronte á Covid-19, polo ben e saúde de todos nós.

Guía de Mascarillas

Xogo: escapa do virus!

Ecapa do virus!

Preme na imaxe para xogar!

En que situación nos atopamos? Aquí información sobre as restricións por concellos.

Preme na imaxe para máis información

- Podes pousar o rato no mapa alaranxado para obter a información por concellos.

- Podes premer no nivel de alerta (na parte superior dereita) para ver o contido.

Vacinación COVID

Preme na imaxe para máis información.

Distribuir contido