Enquisa de autoavaliación clínica da Covid-19
Enviado por Visitante o Mar, 30/11/2021 - 17:04
Para unha maior prevención, lembramos á comunidade educativa que no Anexo I do “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19”, da Xunta de Galicia, recóllese unha enquisa de autoavaliación sobre os síntomas que se poden identificar coa Covid-19, ante os que se recomenda non acudir ao centro e pórse en contacto co pediatra correspondente. Coidémonos entre todos!
»