O pasado martes 5 de novembro recibimos a unha convidada moi especial xa que foi unha das profesoras máis recoñecidas da universidade na formación musical e que se dedicou a facer música para os máis cativos e cativas e non tan cativos.
Para iso presentounos, en dúas quendas, a todo o colexio o seu libro EN CABÁRCENO RUGIDOS Y CANCIONES. A través de diferentes animais de cada unah das partes do noso mundo, ensinounos caracterísiticas de cada un dos deles ademais de facernos partícipes na coreografía de cada canción.
Non tedes máis que vernos para comprobar que ben o pasamos!
Facede clic nas imaxes para ver máis fotos dete día!
Meigas, zombis, noivas cadáver, Catrinas, Harly Queens, Jokers, Mércores (sí, hoxe é mércores, pero facemos referencia á cativa da familia Adams)… hoxe a escola encheuse de todos estes seres para celebrar o Samaín! Que medo!
Na entrada da nosa biblioteca atoparedes recomendacións lectoras para estes días de descanso na casa… aproveitando a temática do Samaín.
No corredor da entrada poderedes ver os Monstros elaborados polo alumnado de 1º e 2º no III Concurso de Personaxes Terroríficos. Ademais, están publicados os microrelatos de 3º, 4º, 5º e 6º gañadores do III Concurso de Microrelatos de Medo. Ambos organizados polo Equipo Biblio. Moitos parabéns aos gañadores e moitísimas grazas pola vosa participación!!!!
No corredor central atopamos o mural de Samaín e a exposición de cabazas organizada polo Equipo de Complementarias e de Dinamización da Lingua Galega. Que medo! Unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración e crear estas cabazas tan fermosas!
E tamén tivemos tempo de comer! Mirade que merendas máis teroríficas!!!!
Grazas, familias, pola vosa participación e implicación en todas as actividades que facemos!
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Por iso onte, xoves 24 de outubro, foi o día escollido polo noso Equipo de Biblio para inaugurala... Aínda que en lugar de Equipo, sería mellor falar de Comisión, xa que este ano a cousa vai ir de troula.
De troula? Efectivamente, este curso o proxecto do centro leva por título “O Caselles vai de troula!” e é por iso que onte arrancamos coa Bibliotroula 24-25!
Como en toda festa presentouse á Comisión e aos voluntarios e voluntarias de 6º que axudarán a difundir, preparar, organizar, colocar, ordenar... o que sexa necesario para seguir impulsando a biblioteca como centro de recursos para a lectura, a creación, a información e a aprendizaxe.
A continuación non podía faltar o pregón. O encargado de levalo a cabo foi o noso benquerido Alfonso, que viu a visitarnos para inaugurar a nosa biblioteca e presentar o cartel de actividades da Bibliotroula!
Por último, como en toda festa, chegou o momento da actuación musical! Moitísimas grazas á mestra Lara por volver ao cole e permitirnos gozar e bailar coa súa música!
Pinchando aquí poderedes ver algunhas fotos máis desta inauguración tan especial. Grazas pola vosa alegría nesta celebración!
Comezamos!
Ola a todos e todas!
O 3 de decembro, conmemoramos o Día da Discapacidade cunha actividade especial na nosa biblioteca escolar. Este ano, decidimos levar a cabo a iniciativa "Aporta e non apartes" co obxectivo de destacar a importancia da inclusión e a diversidade na nosa comunidade educativa.
Os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca traballaron con moita ilusión para crear un puzzle xigante no que incorporamos a todos os alumnos e alumnas do noso centro. Cada peza deste puzzle non só representaba a imaxe de cada neno e nena, senón tamén a súa individualidade e a contribución única que cada un aporta a nosa escola.
Esta actividade non só foi unha representación visual da nosa diversidade, senón tamén unha maneira de lembrarnos que cada persoa é esencial coas súas distintas habilidades e peculiaridades.
Agradecemos o compromiso e entusiasmo dos voluntarios e voluntarias da biblioteca por facer realidade este puzzle tan especial. Foi unha experiencia conmovedora e significativa para todos nós.
Seguiremos traballando arreo na biblioteca para promover un ambiente inclusivo e diverso.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e participación nesta marabillosa actividade.
Ata a próxima,
Hoxe, 2 de maio, é o Día Contra o Acoso Escolar.
Dende a biblio do Caselles, recomendamos diferentes lecturas para a prevención e sensibilización sobre o acoso, porque entre todos podemos combatelo. #DiNonAoAcosoEscolar!
O pasado 23 de abril (sábado) conmemorouse o día do libro. No cole celebrámolo o día anterior, enmarcado no noso proxecto de centro: “O Camiño de Santiago”.
Para iso, fixemos un troco de libros percorrendo as diferentes etapas do Camiño Portugués dende o noso pobo (que, por mor da choiva, tivemos que trasladar ao interior do edificio).
Facendo clic AQUÍ podedes ver o vídeo publicado en Instagram sobre esta actividade.
Grazas, alumnado e familias, pola vosa participación!
A semana pasada celebramos “A semana da prensa”. Por este motivo, na entrada da nosa biblioteca instalouse o “Quiosco Caselles” con prensa diversa a disposición do alumnado, tanto para o seu gozo no tempo de lecer como para o seu traballo na aula; xunto co profesorado.
Para conmemorar este 8 de marzo, Día da Muller, o alumnado do centro creou un “Photocall” con plumas que previamente decoraron escribindo o nome da muller máis importante da súa vida.
Ao longo do día o alumnado fotografouse no seu "photocall" do día da muller. Podedes ver as fotos facendo clic AQUÍ.
No Instagram do Caselles tedes un vídeo sobre recomendacións lectoras para este día. Podedes velo AQUÍ.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer