Tempo de lecer, tempo de biblioteca!
Mércores 8 de novembro
Os nenos e nenas de 1ºforon visitar a #Biblio-Caselles para recibir a formación de usuarios!
Mirade canto aprenderon e que ben o pasaron!
As nenas e nenos de 5ºA e 5ºB están a aprender a usar a biblioteca, pero tamén a ser "AXUDANTES DE BIBLIOTECA".
Poderán emprestar ou devolver libros, axudar a colocar e incluso catalogar!!!
Podedes ver canto desfrutan nesta animación!!!
Vichédes algo semellante algunha vez?
Os nenos de nenas de 1ºA e 1ºB desfrutaton desta marabillosa animación á lectura!
Os nenos e nenas saben que namentres o león respete as normas (non hai ningunha que impida a entrada dun león na biblioteca).
Pode ulir os libros, axudar a limpalos e, o que máis lle gusta, estar na hora do conto!
Pero... o señor Mosquera molétalle esta peluda presenza, que non molesta a súa xefa, a directora, sempre e cando o animal garde un estricto cumprimento das regras. Até que un día, ante un acontecemento inesperado, o león sáltase as normas!
1ºB
2ºB
León de biblioteca é un fermoso album ilustrado que fala de convivienca e sentido comuún, da amistade entre seres diversos e o marabilloso mundo da biblioteca.
O martes 10 de outubro os Profes aprendemos como usar a biblioteca, como facer empréstitos ou devolucións, en fin, como funciona a recén inaugurada #biblio-caselles!
Vota unha ollada!
Un venres, pero non calquera, Ledicia Costas chego ben cedo ao CEP Pedro Caselles!
Que quen é e porque se ergueu tan cedo para visitarno???
Pois porque hoxe inaugurábamos a biblio despois de moito traballo e esforzo, e para iso necesitábamola a ela, a Lecidia!
Unha viguesa, neta dun inventor e filla de dous creadores de soños. Escritora dende que ten memoria. Gañadora de premios e certames literarios con Esmeraldina, a pequena defunta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A señorita Bubble ou Escarlatina, a cociñeira defunta.
Ledicia síntese poeta con alma de equilibrista, porque recita nos lugares máis propicios ás caidas como no bus, no supermercado ou tendas de conxelados.
Leva calcetíns desparexados e é escritora a tempo completo.
O venres 29 inauguramos a nosa biblioteca
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer