Hoxe, polo aniversario do seu nacemento, celebramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, creamos entre todos “O xardín de Rosalía”, un recuncho para homenaxeala cheo de pensamentos (a súa flor preferida). O noso alumnado transplantou e coidou durante toda a semana as plantas, decorando os seus tarros, e escribindo neles os seus mellores pensamentos.
Esta mañá, clase por clase, colocaron as flores no xardín de Rosalía e leron os fermosos pensamentos que escribiron. Alí estaba Rosalía, coa que os nenos charlaron e á que puideron facer preguntas.
Grazas por facelo tan fermoso!
Podedes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.
“Eu son libre. Nada pode parar os meus pensamentos, eles son os que dirixen o meu destino”. Rosalía de Castro
#SementandoPensamentos
Con motivo da semana da ilustración, o alumnado do Caselles elaborou as súas creacións; as cales xa están expostas no mercado do concello. Ademais de gozar das súas marabillosas ilustracións, poderás votar pola túa favorita escaneando o código QR que alí atoparás.
Horario da exposición:
De martes a venres de 09:00h. a 15:00h. e de 17:00h. a 23:00h.
Sábados, domingos e festas 10:00h. a 15:00h. e de 18:30h. a 23:00h.
Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (o pasado 30 de xaneiro) o alumnado de 4ºB elaborou este bonito mural que agora decora a entrada da nosa biblioteca. Xunto a el, podedes atopar lecturas recomendadas sobre esta temática.
Dende a Biblioteca do Caselles, defendemos a paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar.
Con motivo da semana da ilustración, dende a biblioteca do Caselles convocamos o segundo concurso deste ano escolar. Desta vez, retámosvos a escoller un libro da biblioteca e deseñar unha ilustración sobre el.
Ampliamos o prazo ao día 11 de febreiro para presentar as vosas creacións, as cales serán posteriormente expostas no mercado de Tomiño.
Saca o teu lado mais creativo e… anímate a participar!
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo día de nacemento de Castelao. Ademais de recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. Neste 2022 é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985).
Hoxe fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso da biblioteca “Unha mente que invente”, no que o noso alumnado converteuse en científicos e científicas realizando uns inventos marabillosos.
Os gañadores do primeiro concurso da Biblioteca para este ano escolar foron:
Todas as fotos AQUÍ
Parabéns a todos e moitas grazas por participar!
Bo día!
Chegou ao centro a maleta viaxeira, que contén libros e xogos relacionados co proxecto de centro “O camiño de Santiago”. A partires de hoxe están á vosa disposición na biblioteca do Caselles, animádevos!
A piques de comezar as nosas vacacións de nadal, dende a Biblio do Caselles queremos recordarvos que na entrada da biblioteca tedes recomendacións lectoras para estas datas.
Por un nadal cheo de lecturas!
Dende o Equipo de Biblioteca queremos desexarvos unhas felices festas, nas que non falten saúde e moito amor.
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o próximo venres, 3 de decembro), queremos recordarvos que na Biblio do Caselles contades co recuncho da diversidade, onde podedes atopar libros sobre esta temática, xunto a outras como: diversidade familiar, diversidade cultural, igualdade de xénero, educación emocional…
Polas capacidades diversas.
Se queres… poden!
Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Na biblioteca podedes atopar libros sobre esta temática, que como sabedes están á vosa disposición, expostos xunto ao precioso mural feito polos vosos compañeiros e compañeiras.
Valiente:
Cuando su alma se quebró,
se oyó por fin su voz:
«Cuánto más me desprecies,
más me querré yo.
Cuánto más me niegues,
más me afirmaré yo.
Cuánto más me pegues,
más débil te harás tú,
más fuerte me haré yo»
María Míguez
Atrévete a por a proba o teu inxenio e participa no concurso da biblioteca "Unha mente que invente". Pasa pola biblioteca, recolle un dos "sobres sorpresa" e... A inventar!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer