Na entrada da biblioteca tedes unha selección de libros terroríficos para que gocedes da lectura. Atrevédesvos?
O pasado domingo, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas Escolares. Por este motivo, onte celebramos a inauguración da biblioteca para este curso escolar coa estrea da película “Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles”. Nesta produción os protagonistas son o alumnado voluntario de 6º de Primaria xunto coa nosa mascota, Uncas.
Aquí deixamos un vídeo resumo desta xornada:
Queres coñecer esta historia ti tamén? A continuación podes visualizar a película:
Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o domingo 24 de outubro, o vindeiro luns 25 terá lugar a inauguración da biblioteca escolar para o presente curso, 2021/2022.
Por este motivo, todo o alumnado e profesorado do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán está convivado á estrea da película "Uncas, a historia do planeta que vive no Caselles". Como entrada para este evento, empregarase o carné da biblioteca escolar.
Boas nenos e nenas!
Aquí voso amigo Uncas, escribíndovos para desexarvos un moi bo feliz verán! Moi merecido por certo.
Este curso, como todas e todos sabemos, foi algo "duro de pelar" pero ao fin o rematamos saíndo victoriosas e victoriosos. Espero que o pasarades ben nas diferentes actividades, no recreo, nos traballos cos compañeiros e compañeiras...Seguro as vades e os vades a botar moito en falta, pero algúns e algunhas vos veredes nestes meses. No caso de non ser así, en setembro boltaredes a vervos .
Quixera despedirme dicindo que as vosas cartas foron incribles e os vosos debuxos aínda máis! que artistas! Algúns e algunhas este verán queredes pasalo en Maiorca, outros/as en Cabárceno... Tamén me escribíchedes moitos/as que vos gustaria ir a Paris e inclusive ata Australia! Pero, o que máis que gustou foi coñecer os vosos mundos ideais para pasar o verán, totalmente imaxinarios. Mundos cheos de tirolinas, unicornios, coches voadores, xeaderías e sobre todo...Piscinas!
Unha aperta enorme e ata o vindeiro cursos campioas e campións!
UNCAS
Para despedir este curso 2020/2021 Uncas, a nosa mascota, escribiu unha carta a cada unha das clases. Na mesma, desexaba unhas felices vacacións de verán e tamén formulaba a seguinte pregunta: como serían as vacacións ideais para ti? A través da caixa do correo da biblio os rapaces e rapazas do CEP puideron facerlle chegar as súas respostas.
Os nenos e nenas de primeiro curso de EP desfrutaron dentro do espazo da biblioteca da clásica película Matilda, rindo a escachar e aprendendo o valor de ser diferentes así como a coñecer non só o que debemos mellorar senón tamén os aspectos positivos de cada un.
Por outra banda, no CEP o alumnado de terceiro e cuarto recibiu a visita do equipo de balomán Mecalia- Atlético Guardés, unha gran sorpresa para todos e todas. O motivo foi darlle visibilidade ao deporte feminino así como ao esforzo e constancia para conseguir o que queres. Esta visita xurdiu da semana da muller, onde o profe Adrián falounos da súa labor como entrenador dun equipo feminino do seu Concello.
Fai pouco máis dunha semana foi o día dos museos, e aínda que non fai moito poidéchedes desfrutar do noso museo virtual Ecoarte, achegamos este link (preme no azul) aportado polo Museo Massó para que accedades a este museo online e interactivo das rías galegas.
Coñecíades todos os seres vivos que nos explican no mesmo?
Os nenos e nenas do Caselles actuaron e desfrutaron o venres 14 da compaña duns e outros no festival das letras, onde presenciamos bailes, cantos, recitais de poesía...Aquí quedan algunhas imaxes.
Estes días todas e todos estiveron, ademais de celebrando o día das letras na Semana Cultural, decorando os diferentes espazos do CEP. Aquí quedan algunhas mostras aínda que non todas.
Viva as nosas letras! Seguiremos celebrando este día o que resta de semana.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer