Música
Benvid@s a un novo curso.Este curso comeza con moitas novidades por mor da situación que estamos a vivir e que nos obriga a seguir un estricto protocolo para facer frente ao COVID. Utilización de máscara, desinfección , ventilación, distancia de seguridade,.... Con todo imos seguir facendo e disfrutando da música. Como non se pode compartir o material nin poderemos, de momento, tocar os instrumentos que hai na aula, pídovos que traiades ao cole unha bolsiña individual con dous vasos de plástico, dous paus chinos e dúas culleres.
E para comezar déixovos dous vídeos:
Espero que vos guste. Moito ánimo e ilusión neste novo curso!
|
|||
Ola a tod@s. Estamos na última semana do curso tan " distinto" que nos tocou vivir. A verdade é que as clases presencias son insustituibles pero non houbo máis remedio que adaptarse á nova situación. Durante estes meses propuxéronse actividades para seguir conectados coa música dende a casa. Moitísimas grazas a tod@s, familias e alumnado, pola vosa implicación e colaboración, polo voso esforzo, interese e traballo que así mo demostrastes coa cantidade de videos e fotos que enviastes. Espero que pasedes un bo verán e que en setembro poidamos vernos no cole.
Aquí vos deixo a última proposta musical do curso: Seguro que recoñecedes moitos dos personaxes de debuxos animados que aparecen nesta imaxe
A orquestra do Carnegie Hall ( sala de concertos de Manhattan, Nova York) interpreta esta peza onde aparecen fragmentos de 43 cancións de series de debuxos animados moi coñecidas. A ver cantas recoñecedes! |
|||
Ola a tod@s. O curso vai rematando! Unha vez máis agradezo a vosa colaboración e participación nas actividades de música. Sodes fantástic@s! Esta semana propóñovos un variado musical: cantar, bailar, acompañar con percusión corporal ou con vasos. Animádevos a realizar algunha das propostas.
DIME QUE FIXECHES, canción de MIGALLAS.
O REI LEÓN
DANCE MONKEY
O RAP DAS CUALIDADES DO SON
|
|||
Ola chic@s. O curso vai rematando, xa estamos no mes de xuño! Por se vos apetece seguir practicando actividades musicais, aquí vos deixo novas propostas. Están secuenciadas por cursos pero podedes escoller! Lembrade que, voluntariamente, podedes enviar fotos ou videos curtos ao correo musicacaselles@gmail.com , especificando se dades ou non autorización para a súa publicación.
Unha vez máis, Mª José Sánchez explícavos o que tedes que facer. Moi atentos porque ides recordar o ritmo de negra ( ta ) e o ritmo de dobre corchea ( titi ). Haberá que facelo primeiro lento e logo rápido.
|
|||
Ola a tod@s. Xa estamos na última semana de maio! Encántanme os instrumentos que fixestes: Sodes uns artistas. Moitísimas grazas por seguir colaborando e participando nas actividades musicais. Xa sabedes que, voluntariamente, podedes enviarme imaxes ou pequenos videos ao correo musicacaselles@gmail.com Non esquezades decir se autorizades ou non a súa publicación por se nalgún momento se pode facer unha montaxe con eles.
Para esta semana propóñovos agudizar a vista e o oído con propostas de DON LU MUSICAL ( xa sabedes que podedes escoller, según a dificultade e facer a que máis vos apeteza)
Déixovos en 1º lugar un musicograma RITMO BURGUER onde aparecen imaxes en vez de figuras musicais . Só tedes que seguir as instruccións para ler as palabras rítmicamente. Atentos que comezamos!
Espero que non vos dera fame a actividade anterior! Agora imos co oído: Nesta actividade teredes que diferenciar polo seu timbre animais, obxectos, voces e instrumentos. Podedes ir anotando ou debuxando nun folio as respostas.
Vista e oído preparados porque agora ben un ditado musical: teredes que escoitar as notas sol e mi e ir anotando en cada exercicio que tarxeta soa. Comezará, primeiro con dous sons, logo tres e por último catro. E para rematar ides utilizar un bolígrafo e as mans para facer este acompañamento que vos propón Don Lu . Está moi ben explicado. Seguro que alguén é capaz de facelo! ( a partir de 3º ou 4º)
|
|||
Ola a tod@s. Espero que estedes levando ben a semana. Volvo propoñervos (aos que non o fixeron) que fagades un instrumento musical con materiais que teñades pola casa e que toquedes con el. Podedes mandarme unha foto ou un pequeno video tocando co instrumento. IMPORTANTE:
Para tocar co voso instrumento déixovos estes videos. Escollede un deles, practicades os ritmos coa voz ( ta titi...), despois con palmas e por úlimo facédelo co instrumento.
Espero que vos guste esta actividade!
|
|||
Ola a tod@s. Comeza unha nova semana! Xa vistes os videos de MÚSICA NA CASA 1 e 2 con actividades musicais? Encántame vervos! Que ben o facedes! Lembrade que ainda estades a tempo de enviar máis videos bailando a muiñeira. Como sabedes, onte foi o día das Letras Galegas . Déixovos un video que atopei onde unhas nenas fixeron un preguntorio musical sobre Ricardo Carballo Calero. Espero que vos guste!
|
|||
Ola a tod@s. Estades practicando a muiñeira, non? Xa me están chegando videos ao correo musicacaselles @gmail.com Encántame vervos bailar! Hoxe déixovos a 2ª entrega de videos de "Música na casa": Poderedes ver a : Sara e Iván: coreografía con zapatos Paula e a súa nai: xogo de palmas "Chocolate" Leila e Nerea: canción "Os fabóns máxicos" Lía e Catuxa: canción " Fun ao mercado" Pedro Pereira e a súa nai: Xogo rítmico coas mans Leo e Brais: polca con culleres Vera e Sira: polca con palmas |
|||
Ola a tod@s. Como van eses puntos de MUIÑEIRA? ...Espero que estedes practicando! Hoxe déixovos un enlace para ver algúns dos videos que me enviastes facendo música na casa. Moitas grazas por colaborar, sodes fantástic@s .
Alejandro (3ºA ): Papeis de cores. Pablo ( 1ºB ): Recitado con percusión e vaso. Carla ( 6ºA ): Coreografía con zapatos. Xoel (2ºB): "Fun ao mercado". Leire ( 4ºB ): Polca con culleres. Xoel (5ºB ): Marcha Radezky, con percusión corporal.
|
|||
Ola a tod@s. Comeza unha nova semana! Coma sempre, o primeiro que teño que facer e agradecer a vosa colaboración e participación nas actividades que vos propoño. Durante esta semana irei poñendo enlaces para que poidades ver algúns dos videos que me enviastes. PROPOSTA MUSICAL PARA ESTA SEMANA O próximo domingo é un día moi sinalado, 17 de maio, o día das Letras Galegas! Por iso vos propoño un novo reto : muiñeira en familia. Xa sabedes que a muiñeira é a danza máis representativa do baile tradicional galego. Encantaríame que aprenderades algúns pasos de muiñeira . Déixovos dous videos con dous profes de baile galego para que vos axuden: Un de Luis Prego e outro de Artur Pastoriza Puga. Neste video, Luis Prego vos ensinará 4 pasos ou puntos e dous paseos para bailar unha muiñeira. Neste enlace Muiñeira para os máis pequenos accederedes a un video onde de Artur Pastoriza Puga vos vai ensinar varios pasos de muiñeira e distintas combinacións. As propostas van de menor a maior dificultade. Animádevos, é moi divertido! Tedes esta semana para practicar. Despois, se queredes, mandádesme un video curto cos vosos pasos de muiñeira en familia. O prazo para enviar os videos será o proximo luns 18. (Se tedes algún problema para envialos podedes facelo por we transfer). Déixovos dúas muiñeiras para que practiquedes os puntos. (Cando hai letra, os puntos báilanse na copla). E agora .... unha canción dos Carunchos sobre a nosa lingua " Podes falar en galego" para que cantedes. Ten ritmo de rumba e tamén podedes animarvos a bailala! Premede para ver a letra |
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »