TOCANDO CO MEU INSTRUMENTO

 

Ola a tod@s. Espero que estedes levando ben a semana.

Volvo propoñervos (aos que non o fixeron) que fagades un instrumento musical con materiais que teñades pola casa e que toquedes con el.

Podedes mandarme unha foto ou un pequeno video tocando co instrumento.

IMPORTANTE:

  • Se enviades video, o formato que sexa, preferiblemente en horizontal.
  • Se non queredes que se utilicen as vosas imaxes ou videos para publicar facédemo saber no propio correo.

Para tocar co voso instrumento déixovos estes videos.

Escollede un deles, practicades os ritmos coa voz ( ta titi...), despois con palmas e por úlimo facédelo co instrumento.

 

Espero que vos guste esta actividade!