Música
Ola a tod@s! Que tal vos foi na fin de semana? Quero agradecervos a vosa colaboración e participación nas actividades musicais que facedes na casa. Sodes xeniais! Preparad@s para facer música na casa? Esta semana propóñovos dúas actividades de ritmo(escollede unha). Ademais do corpo, necesitaredes un garfo e unha culler ( mellor de madeira) que se poden facer soar golpeando na mesa, nunha caixa de cartón, nun vaso de plástico.... A 1ª actividade é para acompañar unha polka. Primeiro, tal e como aparece no video: palmas, palmas no peito ou palmas na mesa. Fácil, non? Agora xa podedes coller o garfo e a culler para acompañar : Cando aparece a cor azul golpeamos coa culler, a cor vermella co garfo e a cor amarela golpeamos o garfo contra a culler.
A 2º actividade é para acompañar un tema tradicional de Luar na Lubre, titulado "Ronsel". Para que saia ben ides seguir uns pasos , xa que a melodía é rápida:
|
|||
Ola a tod@s! Xa estamos nunha nova semana! Antes de nada, quero agradecervos moitísimo (nais, pais e alumn@s) a vosa colaboración e participación nas actividades que vos propoño. Non vos agobiedes. Estades facéndoo moi ben! Que tal vos sae o acompañamento da "Marcha Radezy"? Tranquil@s! ainda estades a tempo de facelo. Agora toca cantaaaaar! Unha das actividades que vos propoño nesta semana vai ser aprender algunha canción. Escollín tres que están relacionadas co proxecto que se estaba a traballar no cole. E... que podedes facer, ademais de cantala?: facer un debuxo, acompañala con xestos, inventar unha coreografía... ou o que se vos ocorra. Non deixedes de mandarme fotos e videos ao correo musicacaselles@gmail.com. . Elixide a que máis vos guste! . A 1ª é moi faciliña: "Fun ao mercado" (Maria Fumaça) Esta tamén é de Maria Fumaça : "A horta de Balbina" E esta última, "Xanciño e os fabóns máxicos" está basada nun conto que seguro todo@s coñecedes. Aos de 3º deberíalle soar!
|
|||
Ola a tod@s! Como vos foi esta semana?. Moitas grazas a tod@s os que aceptastes o reto de crear a vosa "coreografía con zapatos". Sigo esperando máis videos! Para o alumnado de 5º e 6º :
Hoxe déixovos dous videos para que poidades acompañar a " Marcha Radezky" de Johann Strauss (pai). Xa sabedes, podedes mandarme os videos ao correo musicacaselles@gmail.com Aquí tedes que acompañar con palmas seguindo o musicograma (Ao comezo do video xa vos explican o que tedes que facer).
Agora ides acompañar a "Marcha Radezky" utilizando outros elementos de percusión corporal (pitos, palmas nos xeonllos, palmas peito, pes,...) Podedes facer só o que fai o neno ou intentar facer o que fai a rapaza. Veña, animádevos a facelo!
|
|||
Ola tod@s! Comezamos unha nova semana. Xa queda menos!
Déixovos un video dunha profe de música ( Mº José Sánchez Parra) para que practiquedes unha coreografía utilizando zapatos ou deportivas. E agora propóñovos un RETO: A ver quen é capaz de inventar unha coreografía con zapatos (ou co calzado que vos queirades) con esta música!!! Seguro que se vos ocorren un montón de ideas orixinais. Xa sabedes, espero os vosos videos no correo musicacaselles@gmail.com |
|||
Ola a todo@s!Antes de nada quero dicirvos que estas actividades que vos propoño non son para facer todos os días. Podedes facelas o día que tiñades música cando estabades no cole. Hoxe propoño actividades sobre instrumentos. Están clasificadas por cursos.
Para 1º e 2º: Prestade atención que logo tedes que adiviñar que instrumento está soando! E agora a ver se atopades instrumentos nesta sopa de letras
Para 3ºe 4º: Aquí tedes dous puzzles de instrumentos. Despois podedes debuxalos. Agora unha sopa de letras Para 5º: Un repaso dos instrumentos de corda e comezamos cos de vento.
Agora a ver que tal estades de oído: recoñezo instrumentos de vento
Para 6º: (Tamén podedes facer as actividades de 5º como repaso) Nesta 1º actividade tedes que marcar os instrumentos da orquestra que vos indican: Seguro que lembrades a clasificación técnica dos instrumentos, non? Pois nesta actividade hai instrumentos de tres grupos: electrófonos, membranófonos e idiófonos ( de percusión madeira e metal). 1º tedes que clicar en todos os instrumentos dun grupo e logo os dos outros.
|
|||
Ola a tod@s! Aquí estamos outra vez despois destas vacacións. En primeiro lugar, quero dar as grazas a todas as familias que me achegastes fotos e vídeos da práctica musical dos vosos fillos a través do correo musicacaselles@gmail.com . Sigo esperando máis, veña animádevos! Que non falte a música nas vosas casas!Hoxe propóñovos xogos rítmicos con vasos! Só necesitades un vaso e algo de práctica. Seguro que vos van sair xenial.
Para 1º e 2º: Neste vídeo aprenderás a facer un xogo rítmico co vaso e un texto para poder acompañar o xogo.
Para 3º e 4º: Agora a facelo con música! Para 5º e 6º:( a máis de un seguro que lle soa) |
|||
Ola a tod@s. Xa queda menos. Ánimo! Despois dun fin de trimestre "distinto" veñen unhas vacacións tamén "distintas" pero ben merecidas. Espero que disfrutarades facendo algunha das actividades que vos propuxen. Encantaríame saber se practicastes algunha canción con percusión corporal, se fixestes algún instrumento, se aprendestes algún xogo de mans, se practicastes ritmos, se tocastes a frauta ou outros instrumentos, que música escoitades, se inventastes algunha canción... Para iso podedes mandarme fotos ou vídeos a este correo musicacaselles@gmail.com Ademais déixovos estes divertidos xogos para crear as vosas composicións musicais. Cando pulsas os cadros ou rectángulos (dependendo do xogo) estes vanse iluminando e soan. Veña, a crear! FELICES VACACIÓNS!
https://musiclab.chromeexperiments.com/Song-Maker/ https://musiclab.chromeexperiments.com/Melody-Maker/
|
|||
Ola a tod@s! Hoxe propóñovos un xogo de notas de distintos niveis. Algúns xa o coñecedes porque o utilizamos nalgunha clase ( os de 1º, non). Animádevos a practicar. Moito ánimo, xa queda menos!
https://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html |
|||
Ola! Como estades? Practicades algunhas das actividades que vos propuxen? Hoxe propóñovos unha actividades con papeis de cores e música. Vos tamén podedes inventar para que alguén da casa o repita. Animádevos a facelo! |
|||
Ola a tod@s! Hoxe déixovos uns vídeos para practicar ritmos coas mans. A divertirse!Para 1º e 2º:
Para 3º: Para 4º: Para 5º e 6º: |
|||