Ola a todo@s!Antes de nada quero dicirvos que estas actividades que vos propoño non son para facer todos os días. Podedes facelas o día que tiñades música cando estabades no cole. Hoxe propoño actividades sobre instrumentos. Están clasificadas por cursos.
Para 1º e 2º: Prestade atención que logo tedes que adiviñar que instrumento está soando! E agora a ver se atopades instrumentos nesta sopa de letras
Para 3ºe 4º: Aquí tedes dous puzzles de instrumentos. Despois podedes debuxalos. Agora unha sopa de letras Para 5º: Un repaso dos instrumentos de corda e comezamos cos de vento.
Agora a ver que tal estades de oído: recoñezo instrumentos de vento
Para 6º: (Tamén podedes facer as actividades de 5º como repaso) Nesta 1º actividade tedes que marcar os instrumentos da orquestra que vos indican: Seguro que lembrades a clasificación técnica dos instrumentos, non? Pois nesta actividade hai instrumentos de tres grupos: electrófonos, membranófonos e idiófonos ( de percusión madeira e metal). 1º tedes que clicar en todos os instrumentos dun grupo e logo os dos outros.
|
|||