Ola a tod@s! Xa estamos nunha nova semana! Antes de nada, quero agradecervos moitísimo (nais, pais e alumn@s) a vosa colaboración e participación nas actividades que vos propoño. Non vos agobiedes. Estades facéndoo moi ben! Que tal vos sae o acompañamento da "Marcha Radezy"? Tranquil@s! ainda estades a tempo de facelo. Agora toca cantaaaaar! Unha das actividades que vos propoño nesta semana vai ser aprender algunha canción. Escollín tres que están relacionadas co proxecto que se estaba a traballar no cole. E... que podedes facer, ademais de cantala?: facer un debuxo, acompañala con xestos, inventar unha coreografía... ou o que se vos ocorra. Non deixedes de mandarme fotos e videos ao correo musicacaselles@gmail.com. . Elixide a que máis vos guste! . A 1ª é moi faciliña: "Fun ao mercado" (Maria Fumaça) Esta tamén é de Maria Fumaça : "A horta de Balbina" E esta última, "Xanciño e os fabóns máxicos" está basada nun conto que seguro todo@s coñecedes. Aos de 3º deberíalle soar!
|
|||