EXCURSIÓN A BUEU

O noso centro está inmerso dentro do plan proxecta ALIMÉNTATE BEN, do cal se inclúe o programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Por este motivo, e mediante sorteo, tocoulles aos nenos e nenas de 4º de primaria ir visitar o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu. Foi unha actividade completa, onde lles ensinaron aos nenos distintas embarcacións (por exemplo o bateeiro) e utensilios (como as nasas para pescar, por exemplo, o polbo) que empregan os mariñeiros para coller produtos de mar.

Logo, na lonxa, puideron palpar ourizos de mar e moitos dos nenos e profes probaron este delicioso produto. Máis tarde, ensináronlles como se subastan os produtos que pasan por alí, na que teñen unha etiqueta de identificación. No noso caso, ensináronnos o do polbo ou o choco. A estes produtos pónselles un prezo de custo alto e van baixando ata que algunha persoa autorizada (empresas, restaurantes,...) decide compralo polo custe que estima oportuno. 

Para rematar, asistimos a praza de abastos na que nos ensinaron a variedade de peixes e mariscos que se venden. A verdade é que houbo gran variedade de produtos. (caballa, tiburon rosa, cazón, xarda, navallas e os xa máis coñecidos, linguado, xurelo,...). Nesta mesma estancia, no primeiro andar, os nenos e nenas vestíronse de chefs (cun gorro de cociña e un mandilón de plástico) e puideron degustar ensalada, dunha especie de cachopos na que se lle integraron produtos de mar e dun iogur de vainilla.

Foi un día moi produtivo!

Preme na imaxe para ver as fotos desta saída.