Iniciar sesión |
SAÍDA DIDÁCTICA A GOIÁNOs máis pequenos do Caselles fixeron este martes unha saída didáctica a Goián. Nenas e nenos de 1º e 2º curso foron ver unha obra de títeres ao auditorio de Goián. Os titiriteiros A Xanela do Maxín escenficaron a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Pasárono moi ben coas cantigas e as aventuras da toupiña. Ao remate da obra, gozaron do marabilloso entorno do espazo fortaleza, merendando a sombra dos seus carballos, xogando no parque e compartindo o espazo e xogos con nenas e nenos da Guarda. Para ver máis fotos da xornada premede na imaxe. |