CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

CUMPLE UNCAS

O pasado mes de febreiro tivemos de aniversario a uns compañeiros/as moi especiais. Moitos parabéns!!

 

RADIO UNCAS #3

Terceiro programa da RADIO UNCAS, a radio do CEP Pedro Caselles Beltrán do concello de Tomiño. Coma sempre moitos contidos de interese, novas de última hora, contos, música, entrevistas, ciencia, chistes, receitas, concursos e moitos máis. Volvemos despois do Entroido. Viaxa nas ondassssss!!!!

 

Fai click aquí para escoitar o terceiro programa.

 

ENTROIDO 2019

Como tódolos anos o CEP Pedro Caselles celebrou o seu Entroido, e coma sempre xirando arredor do tema do  proxecto deste ano, países do mundo. Foi un entroido internacional, personaxes de manga xaponés, traxes típicos de Marrocos, brasileiros bailando samba, de Italia máscaras venecianas e traxes típicos de Indonesia, Nova Zelandia e Portugal.

Este ano acompañáronnos as nenas e nenos do CRA Manuel Garcés, disfrazados de fauna mariña.

Fixemos o noso gran desfile ata a praza do Seixo, acompañados no traxecto por numeroso público. Hai que dicir que os máis pequeniños aguantaron o percorrido coma campións.

Para pechar un día tan especial, á chegada ao centro nenos e nenas degustaron os doces cos que colaboraron as familias  para o Certame Gastronómico de Entroido.

Para ver as fotos premede AQUÍ.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

A semana pasada os alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Primaria participaron na actividade PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA que forma parte do programa Aliméntate ben, plan proxecta da Xunta de Galicia. Esta campaña está encamiñada ao obxectivo de fomentar o consumo das latas de conserva dos produtos do noso mar no noso alumnado.

Premede na imaxe para ver máis fotos!

II XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Esta semana celebramos as II Xornadas de Educación Vial, organizadas pola ANPA Mosteiro en colaboración co centro.

Todos os cursos participaron activamente nas xornadas. Cada curso recibiu a unha charla educativa sobre Educación Vial, despois participaron nun circuíto montado no patio, fixeron o papel de peóns e de vehículos, e aprenderon a respectar as normas. Os maiores, 5º e 6º, fixeron o circuíto cos karts facilitados pola DGT, os demais trouxeron as súas bicicletas da casa.

Garda Civil, DGT, policía municipal e protección civil foron os encargados de levar a cabo as xornadas,tanto as charlas nas aulas, como a supervisión do percorrido do alumnado polo circuíto; tamén lle amosaron as nosas nenas e nenos os seus vehículos: motos, coches patrulla, camións de bombeiros... fixeron as delicias dos nosos pequenos.

O CEP Pedro Caselles quere agradecer a ANPA Mosteiro, Garda Civil, DGT, policía municipal e protección civil o traballo que de forma desinteresada levaron a cabo esta semana no noso centro.

Para ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe.

MES DA ILUSTRACIÓN

Durante o mes de xaneiro dende a biblioteca estivemos a traballar A ILUSTRACIÓN

Nun principio realizamos un concurso no que os participantes debían adiviñar qué artista se agochaba tras as pistas. Foron varios os cativos que lograron dar ca solución: CASTELAO!

NORABOA ÓS GAÑADORES/AS!

 

 

Ademais realizamos un mural no que se expuxeron varias obras deste coñecido autor.

 

 

 

Radio UNCAS #2

Xa está aquí o segundo programa da Radio UNCAS, a radio do CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño). Novas, chistes, historietas, curiosidades, ciencia, receitas, entrevistas, música, concursos e moito máis...!!! Se queres colaborar no noso programa ou participar no noso concurso escribe un mail a: uncasradiotv@gmail.com 

   

Pincha aquí para escoitar o segundo programa!!!

CUMPLE UNCAS

O pasado mes de Xaneiro tivemos de aniversario a varios compañeiros/as!Queremos desexarlles moitos parabéns!

 

ACTO POLA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, como tódolos anos, o CEP Pedro Caselles celebrou o se Acto pola Paz.

Ao longo da semana nenas e nenos foron enchendo as letras da palabra paz con bandeiras dos países que traballamos este ano no proxecto de centro: Xapón, Nova Zelandia, Italia, Portugal, Brasil, Indonesia,Reino Unido e Marrocos, cada unha coa palabra paz no idioma correspondente.

Hoxe cada representante do nivel pegou a súa bandeiriña como acto simbólico, e logo todos xuntos cantamos a canción de Roberto Carlos "Eu quero ter un millón de amigos", porque se cada un facemos un millón de amigos, as guerras teríano un pouco máis difícil.

Para ver as fotos, preme na imaxe.

 

ACTO POLA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro, como tódolos anos, o CEP Pedro Caselles celebrou o se Acto pola Paz.

Ao longo da semana nenas e nenos foron enchendo as letras da palabra paz con bandeiras dos países que traballamos este ano no proxecto de centro: Xapón, Nova Zelandia, Italia, Portugal, Brasil, Indonesia,Reino Unido e Marrocos, cada unha coa palabra paz no idioma correspondente.

Hoxe cada representante do nivel pegou a súa bandeiriña como acto simbólico, e logo todos xuntos cantamos a canción de Roberto Carlos "Eu quero ter un millón de amigos", porque se cada un facemos un millón de amigos, as guerras teríano un pouco máis difícil.

Para ver as fotos, preme na imaxe.

 

Distribuir contido