Esta semana celebramos as II Xornadas de Educación Vial, organizadas pola ANPA Mosteiro en colaboración co centro.
Todos os cursos participaron activamente nas xornadas. Cada curso recibiu a unha charla educativa sobre Educación Vial, despois participaron nun circuíto montado no patio, fixeron o papel de peóns e de vehículos, e aprenderon a respectar as normas. Os maiores, 5º e 6º, fixeron o circuíto cos karts facilitados pola DGT, os demais trouxeron as súas bicicletas da casa.
Garda Civil, DGT, policía municipal e protección civil foron os encargados de levar a cabo as xornadas,tanto as charlas nas aulas, como a supervisión do percorrido do alumnado polo circuíto; tamén lle amosaron as nosas nenas e nenos os seus vehículos: motos, coches patrulla, camións de bombeiros... fixeron as delicias dos nosos pequenos.
O CEP Pedro Caselles quere agradecer a ANPA Mosteiro, Garda Civil, DGT, policía municipal e protección civil o traballo que de forma desinteresada levaron a cabo esta semana no noso centro.
Para ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe.