CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

Facemos bonecos de neve!

Durante o mes de decembro aproveitamos os momentos lectores para preparar un mural invernal!Sorriso

 

 

 

 

 

Folleto lecturas de Nadal

Familias! desexámosvos un bo nadal, as recomendacións lectoras para este nadal

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2018

Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.

Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.

Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia, Reino Unido e Indonesia.
E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio.
Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ








RADIO UNCAS

Xa está aquí a RADIO UNCAS, a radio do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN (Tomiño). Pinchando aquí podes escoitar o programa piloto da nosa radio: noticias, música, chistes, historias, artigos, investigacións, curiosidades e moito máis!!! Arrancamos!!!!

 

Escoita o noso primeiro programa pinchandoaquí

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Dende a biblio celebrouse un concurso contra a Violencia de Xénero. Participaron un montón de nenos!

 

 

 

 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Dende a biblio celebrouse un concurso contra a Violencia de Xénero. Participaron un montón de nenos!

 

 

 

 

FACENDO PAN

Hoxe as nenas e nenos de 1º Curso estivemos facendo pan. Aprendemos que facer pan é moi doado. Conseguimos unha pouca fariña de centeo, moi sa e moi ecolóxica; iso si, mesturámola con unha pouca fariña de trigo, para que chegara para todos. Engadimos fermento auga e sal e amasamos, logo fixemos unha boliña e deixámola para que levedara.

Cando a masa xa crecera un montón pola acción dos formentos, fixemos uns churriños de pan, igualiños aos de plastilina.

Logo o cociñeiro deixounos usar un forno enorme que teñen, e de alí a un pouquiño tíñamos o noso pan. Estaba boísimo!!!!

Podedes ver as fotos de todo o noso traballo premendo na imaxe de abaixo.

SAMAÍN 2018

E chegou Samaín, que medo!

Moitos nenos e nenas trouxeron as súas cabazas para a exposición, auténticas obras de arte.

Moitos decidiron vir disfrazados, unha auténtica epidemia de esqueletos, mortos viventes, bruxas e demos....un día terrorífico!

Para ver máis fotos, preme na imaxe.

CUMPLE UNCAS

Este mes de outubro temos de aniversario a...

 

Cumple Uncas

Este mes de outubro tivemos de aniversario a...

 

Distribuir contido