CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

Traballo de inglés para 4º

Good morning children and families! Bo día.

As mestras de inglés deixamos unhas actividades de repaso para 4º para esta semana (As actividades están no archivo adxunto). Podedes facelas na libreta, nunha folla se non tedes a libreta na casa ou podedes imprimilas.

Un saúdo para tod@s e moito ánimo.

Lola e Marga.

MATERIAIS E RECURSOS INTERESANTES

 

Envíovos un conto que poden colorear e cubrir diariamente, moi interesante.

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/16/colorear-cuentos-mision-quedarse-en-casa-un-cuento-infantil-en-tiempos-de-coronavirus/cuento-mision-quedarse-en-casa/

 

Aquí podedes atopar unha recopilación de actividades como repaso.

https://www.orientacionandujar.es/2020/03/16/cuadernos-de-repaso-todo-primaria-semana-santa-la-eduteca/repasosemanasanta4o-pdf/

 

Nesta páxina podedes atopar lecturas e actividades da colección agus y los mostruos. Só vos tedes que rexistrar de xeito gratuito cun correo electrónico.

https://www.agusandmonsters.com/es/espacio-profes/

Esta páxina está adicada a Gerónicmo Stilton, aquí poden xogar, ler, escribir, debuxar e indagar sobre esta personaxe e os seus amigos e amigas. Tamén vos tedes que rexistrar de xeito gratiuto cun email.

https://www.clubgeronimostilton.es/

Espero que vos resulten interesantes, moito ánimo!!!

2º AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias!!!

Como levades o confinamento???

Publicamos outro video cunha canción, esta vez, en galego, dos meses do ano.

Ademais disto suxerimos que vos descarguedes, os que tedes tablet e/ou móbil unha serie de apps ou xogos, para que sexa máis ameno para os vosos fillos/as.

Tamén suxerimos outras actividades tales como: collage con revistas e/ou periódicos vellos,… ; algunha receta que logo, posteriormente degustedes; facer a lista da compra dos alimentos que ides consumir; facer recortes de alimentos e clasificalos en saudables e non saudables(aproveitando a nosa temática de cole); realizar a proposta dunha profe de 2º (Rosa Fdez): ART FOR KIDS en Youtube, os xogos propostos polos profes Alfonso e Lucia e máis a profe Rosa (Música),..

Por último, dicir que colgamos arquivos dos repasos das linguas e as matemáticas que os vosos fillos e fillas teñen na carpeta e que levaron para a casa no seu momento, por petición dalgunha familia interesada en facer exercicios similares aos que hai aí. (Porque xa estaban feitos , ou practicamente feitos nalgún caso, nos últimos días que tiveron clase connosco).

Facede clic AQUÍ , para acceder directamente aos recursos que se mencionaron.

Saúdos!

Os titores de 1º de Primaria

TAREFAS MÉRCORES, 18 DE MARZO

Bo día,

A continuación presentámosvos as tarefas do mércores. Para acceder simplemente tedes que clicar enriba da imaxe. Tedes varios días por diante para realizalas xa que xoves, venres, sábado e domingo non colgaremos actividades. Polo tanto, e fundamentalmente en matemáticas, podedes repartir as contas e non facelas todas xuntas. Moito ánimo!

Información sobre o Coronavirus con pictogramas - Ministerio de sanidade e ARASAAC

Información cobre o Coronavirus con pictogramas. Adaptación da información do ministerio de Sanidade con Pictogramas de ARASAAC, feito por Fátima García Doval. Tendes a información tanto en Galego coma en Castelán.

 

Tamén  subimos a explicación do coronavirus a persoas con TEA de Nerea Ortiz Moreno.

Construir un arco iris con distintos materiais para colgalo en ventas e balcóns. A inicitiva xurde en Italia co obxetivo de combatir o confinamento nos domicilios a causa do Coronavirus, obtido da páxina de Arasaac

 

 Historia social sobre o coronavirus

 

* Tendes todo o material enlazado nas imaxes.

Aprende as emocións

Bos días rapaces e familia, nestes días nos que todos e todas temos as emocións un chisquiño revoltas, envíovos un vídeo do conto "El mounstruo de colores" para ver na casiña. 

MÚSICA NA CASA

Déixovos aquí unhas propostas para que poidades facer instrumentos musicais con materiais que teñades na casa.

 

https://instrumentosmusicales10.net/instrumentos-musicales-material-reciclado

 

http://www.clubpequeslectores.com/2015/06/manualidad-instrumentos-musicales-caseros.html

 

https://youtu.be/XSQ-fRTtbaA

 

COUSIÑAS PARA PASAR O TEMPO

Aquí vos van uns enlaces de tutoriais de debuxo, que a nenas e nenos lles gustan moito, para telos entretidos. É unha páxina que está en inglés, pero non necesitan saber o que din para facelo, aínda que non todos teñen acceso a internet, neste caso pódese tirar de móbil. Ofrece gran cantidade de debuxos e manualidades moi fáciles de facer.

Aquí podedes ver tódolos  debuxos que levan colgado

https://www.youtube.com/user/ArtforKidsHub

Aquí algúns exemplos

https://www.youtube.com/watch?v=0-jHiAovALE

https://www.youtube.com/watch?v=i_pQWFkZJrc

https://www.youtube.com/watch?v=wy2-3BxdtYY

https://www.youtube.com/watch?v=oQmDk8Z2IMs

Actividades fáciles para facer

Ola, como nos están chegando chamadas preguntando polos dictados, aproveito a escribir algúns exemplos, ademais de no libro de lengua podedes facelos na libreta. Repítese a palabra en voz alta e recálcaselles que deben prestar atención a empezar con maiúsculas e separar ben as palabras. Deben facelos solos, e logo ao rematar corríxese.

DICTADO 1

Tu hermano Luís quiere ir de acampada. La cigüeña recorre el cielo de la gran ciudad. Ayer regué el jardín con la manguera pequeña. El regalo de Amparo viene en una caja roja.

DITADO 2

O meu amiguiño Antón non quere empanada de sardiñas. Para o recreo quero un bocadillo de xamón. Ese burro ten o pelo gris con algunha mancha marrón. A correa do can grande rompeu de repente.

DICTADO 3

Las campanas de la iglesia de Tomiño suenan cada hora. Los bomberos apagaron la hoguera porque era muy peligrosa. Los pájaros remontaron el vuelo todos juntos. El campesino cargo la carreta con la cosecha de zanahorias y guisantes.

DITADO 4

Temos que arranxar o chan da cociña. Temos que aforrar moito diñeiro para comprar un coche novo. Onte cociñei un guiso de repolo con peixe. A agüiña fresca é o mellor para a calor.

 

Outros exercicios para facer sen necesidade de imprimir:

-Escribe cinco palabras con gue( o mesmo con gui, ja, jo ju, ce ,ci, rr, güe, güi, za, zo, zu...)

-Escribe una oración largacon la palabra hamburguesa( Bombones, águila, zanahoria, hormiguero, ...)

-Escribe de 3 en 3 desde 450 a 540

-Escribe de 2 e 2 desde 620 a 580(para adiante e para atrás)

-Sumas e restas con levadas

Distribuir contido