CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

ORIENTACIÓN Autoconcepto:A imaxen de un/unha mesmo/a.

O Autoconcepto defínese coma a imaxen que ten unha persoa de sí mesma. Tanto  aos seus aspectos físicos coma sociais polo tanto engloba o conxunto de ideas, valoresm opinións e sentimentos que forman a ese individuo.

Ter unha autoimaxen positiva ou negativa vai facer que ante unha mesma situación diferentes persoas actúen de distinto xeito.

 O Autoconcepto esta relacionado coa Autoestima. Un autoconcepto positivo está relacionado cunha boa autoestima.

Exercicios para traballar o autoconcepto:

- Facer un debuxo de un/unha mesmo/a. Despois do debuxo explicar como son pero describindo ademais de cor de pelo, ollos, que roupa leva etc, incluir tamén rasgos de personalidade: simpático, alegre... tanto positivos como negativos.

- Facer unha lista (ou debuxos) das cousas que nos gustan e non nos gustan, poden ser dende actividades, comidas, etc.

- Facer ou debuxar o que se nos de ben.

- Tarxetas de rasgos tanto físicos como persoais (alta/o, moreno/a, simpatica/o, callado/a, estudioso/a, nerviosos/a, impuntual, miedoso/a, alegre...) e que collan 5 rasgos físicos e persoais que eles/as pensen que os identifican e porque

- Describirnos a nos mesmos e a un familiar da casa.

* pincha no enlace para ver o documento

-Escribir un adxetivo positivo que o/a defina segundo as letras do seu nome. 

 

TAREFAS XOVES, 26 DE MARZO

Bos días!!!Que tal?Xa estamos a xoves!!Outro día menos!

Como todos os días colgámosvos as tarefas para hoxe. 

                       

Recordade ler 10 minutiños en voz alta e 10 en voz baixa. Repasade as táboas, podédelo facer a través deste xogo (Xogo 1). Seguro que vos sobra tempo así que animádevos a repasar tamén as divisións entrando aquí:Xogo 2

Estádelo facendo estupendamente, non vos desanimedes e a seguir así!

FELIZ XOVES!!!

 

 

Actividades inglés 25 e 26 de marzo

Good morning!

 

Deixamos actividades de 4º para facer entre hoxe e mañá.

SaúdosSorriso

 

Marga e Lola

O MUNDO DENDE A FIESTRA

Estes días estamos a ver o mundo dende outra perspectiva. Ó ter que estar na casa, contemplamos o mundo dende a fiestra. 

Neste sentido a obra do conocido artista Salvador Dalí, Muchacha en la ventanaestá máis de actualidade que nunca. Como podedes ver a protagonista desta obra contempla o mar dende a ventá. E vós que vedes? Cal é a vosa vista?

Para conseguir achegarnos un pouquiño máis pese a distancia, colgámosvos as vistas dos vosos compañeiros e profes. Clicade enriba da imaxe para velas!!!

 

 

RITMOS COAS MANS

Ola a tod@s! Hoxe déixovos uns vídeos para practicar ritmos coas mans. A divertirse!

Para 1º e 2º:

Para 3º:

Para 4º:

Para 5º e 6º:

4ºB ACTIVIDADE MÉRCORES 25 COMPRENSIÓN ORAL

A ACTIVIDADE QUE VOS PROPOÑO PARA HOXE É UNHA COMPRENSIÓN ORAL EN GALEGO.

 

TEDES QUE VER ESTE VÍDEO E RESPONDER AS PREGUNTAS QUE APARECEN NEL,

É UNHA MARABILOSA RECEITA DE COCIÑA FEITA POLA MESTRA.

 

https://gopro.com/v/JbDB5pLmbQL77

 

BICOS E FELIZ MÉRCORES

Ioga

Como complemento aos xogos, tamén podemos aprender a relaxarnos e poñer o noso corpo ben facendo algo de ioga,  Recomendámosvolo tamén para facer nalgunha sesión de educación física. Precisamos a axuda dos papis para guiar. Todos podemos!

Contos adaptados con pictogramas

Gracias a Miriam Ranera García que adaptou os contos de sempre con pictogramas, tendes os contos cliqueando nas imaxes.

Tranquilos e atentos coma unha ra

 

Recomendovos que se estades interesados vexades máis videos da autora Eline Snel no enlace picando enriba do nome.

TAREFAS MÉRCORES, 25 DE MARZO

Bos días!

Hoxe traballaremos Lingua Castelá e Matemáticas. A diferenza destos días nos que fixemos actividades de repaso, hoxe veremos cousiñas novas. En Concreto: O Adxectivo e As Horas.

Por iso antes de comezar a traballar debedes ver uns vídeos que vos axudarán a realizar as actividades. 

  • Neste vídeo encontraredes a explicación de que é un adxectivo.
  • Neste dous vídeos información sobre as horas: Vídeo 1 e Vídeo 2.

Unha vez visto os vídeos podedes comezar coas actividades.

                      

Para practicar as horas podedes facer algunha manualidade como esta, simplemente, precisades cartón e podedes decorar os reloxos como queirades.

Ou ben descargarvos estas plantillas: Plantilla 1 e Plantilla 2.

Como todos os días recordade ler 10 minutiños en voz alta e outros 10 en voz baixa!E repasar as táboas de multiplicar. Tedes varios xogos nas publicacións do luns e martes.

FELIZ MÉRCORES! 

 

Distribuir contido