TAREFAS MÉRCORES, 25 DE MARZO

Bos días!

Hoxe traballaremos Lingua Castelá e Matemáticas. A diferenza destos días nos que fixemos actividades de repaso, hoxe veremos cousiñas novas. En Concreto: O Adxectivo e As Horas.

Por iso antes de comezar a traballar debedes ver uns vídeos que vos axudarán a realizar as actividades. 

  • Neste vídeo encontraredes a explicación de que é un adxectivo.
  • Neste dous vídeos información sobre as horas: Vídeo 1 e Vídeo 2.

Unha vez visto os vídeos podedes comezar coas actividades.

                      

Para practicar as horas podedes facer algunha manualidade como esta, simplemente, precisades cartón e podedes decorar os reloxos como queirades.

Ou ben descargarvos estas plantillas: Plantilla 1 e Plantilla 2.

Como todos os días recordade ler 10 minutiños en voz alta e outros 10 en voz baixa!E repasar as táboas de multiplicar. Tedes varios xogos nas publicacións do luns e martes.

FELIZ MÉRCORES!