CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

Actividades de inglés

Ola.

Aqui tendes actividades para segundo para esta semana.

Saúdos Lola.

Good work!

Actividades de inglés

Ola

Fichas para primeiro para esta semana.

Saúdos Lola.

Good Work!

Actividades de inglés

Ola.

Fichas para terceiro para esta semana.

Saúdos Lola.

Good work!

 

Actividades de inglés

Ola:

Aqui tendes actividades de inglés para cuarto para esta semana.Recordade que se non tendes impresora podedes facelas na libreta.

Saúdos das profes Marga e Lola.

Good work!

4ºB CADERNOS DE ACTIVIDADES CON SOLUCIÓNS

Bo día adxúntovos cuadernos de actividades en linguas e matemáticas con solucións.

 

 

SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Ola familias, ola nenas e nenos, unha semana menos que nos queda desta odisea. As profes de 2º queremos recordarvos que este traballo é orientativo, se un día non podedes facer todo, non importa, ao día seguinte facedes un pouco máis.

 

LUNS 30 de marzo

Visionado do vídeo que adxuntamos sobre as plantas. Mellor dúas veces.

https://www.youtube.com/watch?v=aNZ34Ig-exA&feature=youtu.be

Debuxar nun folio, na libreta que levastes para a casa ou nunha libreta que teñades por aí as partes dunha planta(xa o fixemos na libreta de ciencias).

Logo observando ven os debuxos que tamén vos adxuntamos debuxade unha flor, sinalade as partes e poñédelle o nome(cáliz, sépalos, pétalos, corola, estame e pistilo)

Finalmente copiade e aprendede o que pon na imaxe “A importancia das plantas”

Se queredes tamén como ampliación podedes facer un pequeno comic  do ciclo dunha planta.

Logo podedes facerlle unha foto ao que fixestes e poñelo no grupo de wsp, se vos apetece que fagamos un video ou presentación con elas. Esta parte e voluntaria.

As imaxes para axudarvos están no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/CdMFqjuXbGRkRfGb9

 

MARTES 31marzo

Cuaderniño de matemáticas: unha páxina.

Cuaderniño de lingua: páxinas 37 e 38

Nomes das ferramentas: alicates, machada, serra, chave inglesa, martelo, cámara, paleta, botiquín (o normativo é botica de primeiros auxilios, pero imos deixalo en botiquín)e mangueira.

MÉRCORES 1 de abril

Cuaderniño de matemáticas: unha páxina.

Libro de lengua, verde oscuro, tarea 17(páginas 39 y 40)

Escribe as táboas do 5 e do 6 nunha folla

XOVES 2 de abril

Cuaderniño de matemáticas: unha páxina.

Libro de Lengua, verde claro, tarea 23(páginas 67 y 68)

Pensa e escribe as respostas a estas preguntas:

Que catro cousas que necesita unha planta para vivir?

Cales son as partes dunha planta?

Escribe 3 cousas ou beneficios que nos proporcionan as plantas.

VENRES 3 de abril

Cuaderniño de matemáticas: unha páxina.

Cuaderniño de lingua páxinas 39 e 40

Escribe as táboas do 7 e do 8 nunha folla

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN:

Dictado de números: ata 999

Sumas e restas con levadas

Resolución de problemas con unha ou dúas operacións:

EXEMPLO 1: Samuel tenía 252€ y su abuela le regaló 28€ más. Si se compra un patinete que cuesta 196€ ¿Cuánto dinero le sobra?

EXEMPLO2: En un colegio hay 204 alumnos. Hoy los de tercer curso se fueron de excursión ¿Cuántos alumnos habrá en el colegio si 3ºA tiene 23 alumnos y 3ºB 21?

 Dictados

DICTADO1:Hoy compraremos empanadillas de carne con champiñones. El anillo de Pedro desapareció por el desagüe. Mi padre le echó mucho jamón al guiso. Hoy me voy de acampada con toda la clase.

DICTADO2: O piragüista adestra no río Miño. Catuxa quere xogar disfrazada de guerreira. A crema de cenorias está moi doce. O ratiño corría para chegar ao burato.

 

 

 

AL. Exercicios de respiración e Soplo

Bos días rapaces!! a profe Isa de AL, envíavos estes exercicios de respiración e sopro de Eugenia Romero para que practiquedes na casa.

Exercicios de respiración

  • Para ser consciente de que se pode respirar polos dous orificios da naris, pódese utilizar un pequeno espello, colocado debaixo do naris, para poder ver se o aire sae por unha parte ou polas dúas.
  • Inspirar pola naris a diferentes velocidades e espirar pola boca a diferentes velocidades.
  • Se tendes pouca capacidade respiratoria, terendes que potenciar a inspiración. Un exercicio bo é oler obxectos: Chicles, chocolate, flores, ambientador, comida, etc.
  • Exercicios de ximnasia para axudar un pouco a inspiración, pódese facer de pé, nunha colchoneta, etc. Levantar as máns collendo aire e despois que descanse un pouco os brazos. Sempre realizando os exercicios pouco a pouco.
  • Por un libro enriba da súa barriga e mirar como sube e como baixa. OBservar que cerra ven a boca, senon poden facer a inspiración coa boca aberta.
  • Controlar ter a boca pechada en todos estes exercicios.

Exercicios de Sopro

  • Respirar pola nariz e soprar pola boca.
  • Facendo sobresair o labio inferior, soprar cara arriba, de forma que levantes o pelo do flequillo.
  • Pegar na frente, mediante papel adhesivo, unha tira que lle chegue a altura da boca, pedíndolle que a levante mediante o sopro e a manteña así uns segundos.
  • Exercicios cunha vela, en diferentes posicións, máis cerca ou máis lonxe, pero procurando que o neno non  a apage rápido, senon que inspire e expire sen apagala. Outro exercicio será xogar con le ou ela e ver quen apaga a vela antes, colocándoa en distintas posicións, desta maneira canto máis alonxada este a vela, maior capacidade pulmonar exixirá a os rapaces e rapazas.
  • Facer pompas de xabón.
  • Xogar con obxectos de festa adecuados para o sopro, como: molinillos, matasogras, trompetas, silbatos, etc. alternando o sopro forte e frouxo.
  • Inflar un globo.
  • Soprar unha pluma. Colocar a pluma enriba da frente e soplar. Colocala na barbilla e soprar.
  • Soprar pelotas de ping - pong ou cánicas pequenas. Cunha portería pequena que o neno/a intente marcar gol.
  • Soprar e aspirar por unha palliña.
  • Facer debuxos cunha palliña.
  • Tomar líquidos a través dunha palliña.
  • Traspasar auga ou outro líquido dun vaso a outro.
  • Chupar auga, reter na boca e votar en forma de escopeta.
  • Por auga nun vaso con trociños de plástico e soprar.
  • Reunir papeliños aspirando.
  • Colocar a palliña na comisura da boca e soprar.
  • Apagar a chama na vela, colocando esta en diferentes distancias da persoa á que explora.
  • Mover a chama dunha vela sen apagala, controlando o sopro.
  • Encender varias velas e apagalas dun solo sopro.
  • Encender varias velas e apagalas de unha en unha.
  • Apagar velas con palliña.
  • Mover soprarndo trozos de papel e bolas de papel de seda nunha superficia lisa, controlando as distancias.
  • Aguantar un papel ou un globo no aire.
  • Trazar camiños mediante pelliñas e soprar trociños de papel a través deles.
  • Por varios trociños de papel enriba da mesa e pedirlle ao neno/a que os tire ao chan dun só sopro.
  • Con palliñas aspirar trociños de papel.
  • Soprar diferentes bolas de papel de plata, seda, folio, etc.
  • Reunir trociños de papel nun círculo con palliñas.

4 B comprensión oral receita cociña

https://gopro.com/v/aR6BQJNnbP2mO

Tedes que mirar o vídeo e responder as preguntas que se inclúen. Despois enviádeme as que vós creedes, para compartirlas cos compañeiros e compañeirasGuiño

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

. Exercicios de lengua castellana.

. Matemáticas: problemas e contas de dividir.

. Algunhas solucións de matemáticas.

. Pinchade en lengua para ver actividades.

Distribuir contido