CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

O NOSO RELOXO- MANUALIDADES 3º

TAREFAS LUNS, 30 DE MARZO

 

Bo día!!!Moi bo comezo de semana!!!

Hoxe comezamos cunhas tarefas de Lingua Galega, como tedes o libro de texto na casa, se necesitades consultar calquera dúbida podédeslle botar un ollo. Ó rematar Lingua hai tarefas de plástica. Comecemos!!!

                             

 

Cando acabedes estas actividades practicade as divisións a través destos xogos:Xogo 1, Xogo 2 e Xogo 3. A través deles repasaredes as táboas do 2, 3 e 4. Mañá máis!!!

FELIZ DÍA!!!!!!

Maravillosamente creativos

OS NOSOS VÍDEOS- MANUALIDADES 3ºB

PAPEIS DE CORES

 Ola! Como estades? Practicades algunhas das actividades que vos propuxen?

Hoxe propóñovos unha actividades con papeis de cores e música. Vos tamén podedes inventar para que alguén da casa o repita. Animádevos a facelo!

AL: Exercicios de relaxación facial, pescozo e praxias

Bos días!! A profe Isa de AL mandavos moitos saudiños virtuais... para non perder o ritmo da fonación imos facer uns exercicios de relaxación facial e de pescozo.

  • Imitar un robot diciendo si e no.
  • Debuxar no aire un oito coa cabeza.
  • Estirar o pescozo coma unha xirafa.
  • Mirar un partido de tenis: Xirar a cabeza a dereita e logo a esquerda.
  • Imitar o movemento que fai un can, cando sae da auga e se sacude.
  • Sorrí ensinando os dentes
  • Facer morros como os porcos.
  • Abrir a boca como a de un león.
  • Dar bicos sonoros.
  • Imitar un peixe.
  • Por cara de enfadados e logo de alegría.
  • Facer "pedorretas".

Mira neste vídeo como poder relaxar a cara e o pescozo. 

Tamén tendes exercicios de praxias (Habilidade para executar un movemento) cliqueando na imaxe.

Praxias con pictogramas de Arasaac

Praxias con Onomatopeyas de Arasaac

Saúdos

XOGOS EN FAMILIA

Bos días, podedes aproveitar no tempo libre para empregar os xogos de mesa, que seguro tedes na casa: parchís, oca, xadrez, tres en raia, catro en raia...

OS NOSOS VÍDEOS- Manualidades 3ºA

 

 

YOGGA PARA NENOS E NENAS

E para mover un pouco o corpo e relaxarse, outro vídeo de yogga moi divertido. Saúdos a todos e todas.

Distribuir contido