CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

1º Curso

ARTS: Art and holiday

Hello!!! How are you?. The teacher Montse ande the teacher Vero send you some songs of super single songs.

(Ola!!! como estades?. A profe Montse e a profe Vero enviánvos algunhas cancións)

Let´s make easter eggs  made of paper.

 

Let´s make rainbow out of paper

 

ARTS: Hello Students!!

Hello!!!! How are you?. The teacher Montse and the teacher Vero send you some songs for you to remember and sing.

(Ola!!!! Como estades?. A profe Monste e a profe Vero enviánvos algunhas cancións para que recordedes e cantes.)

Super Simple Songs 

 

The spring begins, so let`s paint some flowers from the KroKotak page.

(Comeza a primavera, así que imos pintar algunhas flores da páxina KroKotak)

Bye! Bye!

Montse and Vero

O MAPA DO MUNDO

Hoxe 1º e 2º Curso estivemos todos xuntos construíndo un mapa do mundo. Primeiro preparamos na clase o noso traballo. Os nenos e nenas de 1º ocupáronse de buscar información de América e Europa, e os de 2º buscamos cousas de Asía, Oceanía, África e Antártida. Decir que as nosas familias tamén nos axudaron a buscar cousas interesantes dos continentes.

Despois todos xuntos montamos o noso mapa do mundo. Quedou impresionante!

 

O outono

Os nenos e nenas de 1º A e B, na clase de plástica,  fixeron traballos do outono. Non hai máis que ver o que disfrutan estes cativos e cativas!

Comprobádeo neste video!

 

Saída ao Pego e as fontes do Brosque e do Cotro

O alumnado de 1º e 2º curso fixemos unha enorme camiñada polo entorno. Fomos ver o río Pego e as fontes do Cotro e do Brosque. 
Tiveron unha sorpresa moi grande pois antes de saír chegoulles unha carta dunha ninfa da auga chamada Navia. Durante toda a viaxe foi deixando pistas. Atopáronas todiñas e aprenderon moito das fontes e dos ríos. Tamén lle prometeron a ninfa Navia que ían converterse na patrulla da auga para protexer sempre os nosos ríos e fontes.

HORTA ESCOLAR

Pois xa empezamos coa primeira sementeira na nosa horta. Aproveitando uns diíñas de sol semeamos chícharos e allos. Usamos esterco de cabalo, agora a  ver se temos sorte e nos nacen, porque a terra non estaba en moi boas condicións pois foi moita a chuvia que caeu.

 

O outono chega ao Bosque Enmeigado

O outono xa chegou ao Bosque enmeigado. Os nenos e nenas de 1º puxeron o noso bosque así de bonito. Por certo, alguén sabe porque lle chaman así?

O 1º Ciclo na Madroa

Todo 1º e 2º fomos de excursión a Madroa. Despois rematamos a tarde no parque de Pías. Reportaxe fotográfica realizada polos nenos e nenas de 2º

Visita dos nenos e nenas do CRA

Os nenos e nenas de 1º Primaria recibiron o pasado día 8 de maio a visita dos seus futuros compañeiros de ciclo. É dicir, os nenos e nenas que se incorporarán a 1º Primaria o vindeiro curso. Con esta visita, os nenos e nenas coñeceron as instalacións do noso cole, merendaron e xogaron no patio e, por último, antes de voltar ao CRA recibiron un agasallo.

 

SAÍDA AO CINE A VIGO

Fomos ao Centro Comercial da PLaza Elíptica en Vigo para ver unha película. Os nenos e nenas de 1º Ciclo estivemos no cine para ver a ver "Os Croods". Despois no parque da feira de Tomiño xogamos e comemos.

 

Distribuir contido