O día 12 de marzo fomos de excursión a Vigo, fomos todos xuntos en autobús. Durante o camiño falamos moito e pasámolo moi ben, sobre todo nos túneis. Ó chegar a Vigo Baixamos nuns xardíns, e como facía tan bo día aproveitamos para tomar o bocadillo.
Despois fomos a pé ata o Centro Cultural Caixanova para ver unha obra de teatro, todos nos portamos moi ben polo camiño. Ó chegar entramos e sentámonos para ver "Lío en la granja"
Foi unha historia moi divertida, pasámolo xenial con todos os animais daquela granxa.