Skip to Content

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024


https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/


♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seusfillos.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar]

  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nincoñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/03/2025.

 

ÚLTIMAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Nesta última semana finalizamos o Proxecto na biblioteca coas seguintes actividades, fai clic no post para velas todas:

Os gañadores dos premios da biblioteca, cubriron todos os selos do seu carné:

OLIMPÍADAS XULIO CAMBA

Non podíamos finalizar o proxecto do centro sobre os Xogos Olímpicos doutro xeito! O xoves tiveron lugar as Olimpíadas do Xulio Camba no Terrón. Cada ciclo realizou diversos xogos e o alumnado levou unhas medallas personalizadas. Tamén tivo lugar o tradicional e esperado partido de fútbol entre os mestres/as e o alumnado de 6º curso. Estivo a cousa igualada... pero un ano máis gañou o profesorado por goleada!

GRADUACIÓNS

No auditorio de Valle-Inclán leváronse a cabo as graduacións do alumnado de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Foron uns actos moi emotivos, que significan o fin dunha etapa e o comezo doutra.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa están aquí as recomendacións lectoras para o verán da Biblioteca de Don Mexillón. Non as perdades!

Fai clic na seguinte imaxe

TRABALLANDO O RITMO

Últimos días de obradoiros en Educación Infantil. Neste caso foi a quenda de música. Ollade como traballan o ritmo!

XIMNASIA RÍTMICA

Un pouco de movemento co clube de ximnasia rítmica Vilarousa!

Os peques de infantil desfrutaron do entrenamento e a exhibición das ximnastas. Grazas por ensinarnos un pouco máis sobre este deporte.

VISITA O TEU SUPER

Deixámosvos unha mostra da iniciativa "Visita o teu super" de Eroski. As nenas e nenos de 4º e 5º curso realizaron actividades diversas relacionadas coa alimentación saudable e as matemáticas aplicadas, principalmente. Tamén trouxeron de volta algún regaliño... Moitas grazas a Eroski.

GRANXA SERANTELLOS

O alumnado de Educación Infantil realizou unha excursión á Granxaescola Serantellos. Alí coñeceron aos animais da granxa, elaboraron pan, plantaron e se iniciaronn na compostaxe.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar esta conmemoración o alumnado do Cole Norte inaugurou o horto escolar cunhas fermosas plantas. No Cole Sur plantaron distintos tipos de árbores por todo o patio cedidas pola Deputación de Pontevedra.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut