Skip to Content

OBRADOIROS INTERNIVEL

Outro dos obradoiros é o de Música. Neste obradoiro aprendemos danzas de Oceanía.

OBRADOIROS INTERNIVEL

Hoxe presentamos outro taller máis dos que realizamos en Infantil. Nesta ocasión é o taller de contos co libro o "Monstruo de colores", onde despois de leelo cada un fai o seu monstruo según o seu estado de ánimo.


DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o 23 de febreiro, Día adicado a Rosalía de Castro, realizamos diversas actividades entre as que se atopan a representación e recitado de distintos versos, a decoración de macetas con motivos características da autora e a plantación de pensamentos, entre outras.

XOGADE

Onte o alumnado de 4º de primaria participou nunha xornada deportiva de Balonmán no Colexio Plurilingüe Abrente. Compartimos xogo co CEIP de Castrelo e CEIP As Bizocas. Pasámolo xenial!

VISITA A PADRÓN

Con motivo da celebración próxima do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 6º curso de Educación Primaria realizou unha visita á Casa da Matanza (Casa Museo de Rosalía) e ao Xardín Botánico de Padrón. 

NOVAS LECTURAS

Á Biblioteca de Don Mexillón chegaron novos libros. Anímate a lelos!

 

VÉN A COÑECERNOS!

Facendo click na foto podes atopar máis información do centro.

 

ENTROIDO

Deixámosvos unha mostra dos nosos disfraces do Entroido

 

TALLER DE COCIÑA EN INGLÉS

O alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un taller de cociña na sesión de Inglés onde traballaron a receta da pizza. Podedes ver unha mostra nas seguintes imaxes:

Distribuir contido


by Dr. Radut