Skip to Content

CLUB DE LECTURA

Comezamos co CLUB DE LECTURA! Mañá tocaralle o turno ao alumnado de terceiro curso e o venres 10, ao alumnado de cuarto curso.

ARO AMARELO (ASIA)

Neste primeiro trimestre, o alumnado está a investigar sobre a orixe dos Xogos Olímpicos e o significado dos aros. Cada ciclo profundizará nun dos continentes e no caso de quinto e sexto traballarán o aro amarelo, que representa a Asia. Onte contamos coa presenza de Lucía, que foi mestra no cole e que estivo viaxando por este continentes durante 7 meses. Respondeu ás preguntas do alumnado, contounos a súa bonita experiencia, amosounos imaxes e vídeos da súa aventura, así como obxectos que trouxo de alá.

E-ELBE.2

Este ano o alumnado ten acceso a E-ELBE.2, unha plataforma de préstamo de contidos dixitais que ten como obxectivo mellorar a competencia lectora e os hábitos de lectura. No terceiro ciclo cada discente ten o seu portatil (xa que estamos inmersos en E-Dixgal) pero nos demais cursos contamos cunha Aula Móbil grazas ao Programa Educa en Dixital para que todos/as poidan gozar desta experiencia.

OBRADOIROS INTERNIVEL

Como cada venres levamos a cabo outra sesión de obradoiros interniveis en Educación Infantil. Esta vez amosamos o obradoiro de arte, onde realizamos uns útiles de baile hawaiano. 

CLUB DE LECTURA

Hoxe comezaron as charlas informativas dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, organizadas pola Biblioteca de Don Mexillón, para coñecer o funcionamento do Club de Lectura.

SECCIÓNS BILINGÜES

En Arts o alumnado traballou Samaín/Halloween realizando un mural para a entrada do colexio así como distintos elementos decorativos para as aulas e corredores. Tamén bailaron ao ritmo da canción Spooku Scary Skeletons!

SAMAÍN/HALLOWEEN

Facendo click nas seguintes imaxes, podedes ver o baile realizado polo alumnado de Ed. Primaria e Ed. Infantil para festexar o Samaín.

 

SAMAÍN/HALLOWEEN

Hoxe celebramos no colexio esta festividade con contacontos en inglés e galego, xogos, bailes, cabazas, disfraces e... unha decoración de medo!

OBRADOIROS DE COMIDA TERRORÍFICA

Ao longos dos últimos días, o alumnado estivo realizando numerosas actividades relacionadas co Samaín/Halloween. Aquí mostrámosvos uns exemplos do que fixeron os cativos do colexio.

- 3 anos: vasoiras

- 4 anos: cabazas

- 5 anos: ratos

OBRADOIROS INTERNIVEL

O venres volvemos a realizar obradoiros en Educación Infantil. Esta vez amosamos un deles, o de motricidade fina. Neste obradoiro fixemos recortado e fiado de palliñas de cores. Podedes ver unha mostra na seguinte foto:

Distribuir contido


by Dr. Radut