Estimadas familias, tal e como se recolle no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021: Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Ante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Así mesmo, a medición de temperatura diaria será realizada por vós antes de acudir pola mañá ao centro. Ningún/ha alumno/a poderá acudir ao centro con fiebre.
O documento de declaración responsable deberá ser debidamente cuberto e entregado ao titor/a do seu/súa fillo/a.