Ao final o tempo acompañou e puidemos celebrar o magosto, comendo unhas ricas castañas asadas e disfrutando de xogos tradicionais no patio. Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos.
Esta semana, o noso alumnado de infantil escoitou o conto "Orellas de Bolboreta" que trata a autoestima e como facer frente ás críticas das persoas dunha forma intelixente e con sentido do humor. Ter orellas grandes ou o pelo rebelde non son motivos de insultos e a protagonista do conto explica dunha forma metafórica como defenderse desos comentarios.