Skip to Content

VISITA DE PAPÁ NOEL

Papá Noel e as súas elfas quixeron saber de primeira man como se portaron os nenos e nenas do Xulio Camba. A viaxe foi longa pero mereceu a pena.

BO NADAL!

 

 

        

VISITA DO APALPADOR E APALPADORA

O alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º curso de Ed. primaria recibiron unha visita moi especial. E de que se tratará?? Siiii, o Apalpador e Apalpadora viñéronnos visitar!!!! 

Música, baile e a disfrutar!!!

 

  

  

MAXIA E CIENCIA

Quen dixo que aprender non pode ser divertido???

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Ed.primaria disfrutaron dunhas sesións de maxia onde aprendizaxe e diversión foron á par. 

 

                       O MAGO PACO

    

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

               

XOGADE: XOGOS TRADICIONAIS

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron nos xogos tradicionais enmarcados no Programa Xogade. Que ben que se conserven estes xogos e que o alumnado poida disfrutar con eles!!! 

  

  

                A CHAVE                             OS BIRLOS                               A BILLARDA

OBRADOIRO ALMORZOS SAUDABLES

Este martes o alumnado de 4º curso disfrutou dun almorzo extraordinario no Pazo de Vista Real. O persoal do obradoiro de cociña preparoulle un almorzo variado e nutritivo ao que non se puideron resistir!! 

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este xoves celebramos no centro o 25N. Actividades diversas, espazos distintos pero unha mesma finalidade: REXEITAR TODO TIPO DE VIOLENCIA.

   

DEPORTE ESCOLAR

Este curso o alumnado de Ed. Primaria volve participar no Deporte Escolar!!Para ir collendo ritmo fomos ata Portonovo para a carreira de Campo a través. 

Noraboa a tod@s!!! 

 

 

CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO 2021-2022

Adxuntamos a Circular de principio de curso con algunhas normas xerais e o resumo dos períodos vacacionais.

 

 

REUNIÓNS COAS FAMILIAS CURSO 2021/2022

DATAS PARA AS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO.

MARTES 14 DE SETEMBRO

- 1º E 2º CURSO DE ED. PRIMARIA ÁS 16.00 HORAS.

- 3º E 5º CURSO DE ED. PRIMARIA ÁS 17.00 HORAS.

- 5 ANOS A ÁS 17.00 HORAS.

- 5 ANOS B ÁS 16.00 HORAS.

 

MARTES 21 DE SETEMBRO

- 4ºA E 6ºA DE ED. PRIMARIA ÁS 16.00 HORAS.

- 4ºB E 6ºB DE ED. PRIMARIA ÁS 17.00 HORAS.

- 4 ANOS ÁS 16.00 HORAS.

 

Á reunión asistirá un proxenitor por neno/a e sen nenos/as.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut