Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na Orde do 6 de maio de 2021
Destinatarios:
- Fondo libros: alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria.
- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.
- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.
Prazo de solicitude: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.
Documentación a presentar:
- Anexo I e II debidamente cumprimentado.
- Certificado de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da unidade familiar, se procede.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se procede.
- No caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Outra documentación que consideren oportuna recollida na Orde do 6 de maio de 2021.
A renda a ter en conta é a do ano 2019.
Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica ou presencialmente no centro.
Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II