Skip to Content

3º e 4º Curso

ACCIÓN POLO CLIMA

O venres o noso alumnado de 4º presentou o seu proxecto sobre o medio ambiente e o quecemento global. Ademais, revelaron por fin o misterio do número 5, facendo reflexionar aos vecin@s, compañeir@s e familias sobre o incremento do nivel do mar.

Unha forma xenial de contribuir ao ODS 13: "acción polo clima", e de por en práctica a proposta pedagóxica: "aprendizaxe-servizo".

Moitas grazas a todos/as por achegarvos á escola!

COCIÑAMOS

Os alumnos e alumnas de terceiro curso experimentaron coas unidades de medida preparando uns ricos biscoitos para merendar.

RECICLAXE

O alumnado do 3º ciclo tivo unha charla sobre reciclaxe, máis concretamente da Campaña de Mellora da Xestión de Biorresiduos no noso concello. Apuntádevos á compostaxe!

A ARTE NAS ANTIGAS CIVILIZACIÓNS (3º de primaria)

Os nenos e nenas de terceiro de primaria, viaxaron ás antigas civilizacións Maya e Inca e coñeceron as manifestacións e producións artísticas máis representativas.

Convidámosvos a viaxar con eles e descubrir esa apaixonante cultura!!!!

 

TAREFAS DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 3º CURSO DE EP

No adxunto podedes descargar unhas actividades de inglés para o alumnado de 3º curso.

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 4º CURSO DE EP

Adxúntanse as actividades propostas no arquivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut