Skip to Content

PDI AS OLIMPÍADAS

OLIMPÍADAS XULIO CAMBA

Non podíamos finalizar o proxecto do centro sobre os Xogos Olímpicos doutro xeito! O xoves tiveron lugar as Olimpíadas do Xulio Camba no Terrón. Cada ciclo realizou diversos xogos e o alumnado levou unhas medallas personalizadas. Tamén tivo lugar o tradicional e esperado partido de fútbol entre os mestres/as e o alumnado de 6º curso. Estivo a cousa igualada... pero un ano máis gañou o profesorado por goleada!

PIRAGÜÍSMO

Na biblioteca de Don Mexillón tivemos o pracer de recibir á piragüísta Marta Iglesias, continuando co traballo dos deportes no proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos.

 

1º TRIMESTRE DO PDI

Facendo click no seguinte enlace podedes ver o traballo feito en relación ao PDI de todos os grupos de Educación Infantil e Primaria.

https://padlet.com/mrleiropxc/productos-finais-1-trimestre-bw9qqo2cl2q36n8

 

VIDRIERAS DE NOTRE DAME

Onte o alumnado de 4º curso de Educación Infantil rematou unha actividade enmarcada dentro do Proxecto do centro no cal pintaron unhas vidrieras simulando as da Catedral de Notre Dame de París.


TALLER DE COCIÑA

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil realizou un taller de cociña no cal fixeron cruasanes "ao estilo rococó". A continuación podedes ver unha mostra do proceso.

SAÍDA AO RIAL

Co motivo do proxecto de centro sobre os Xogos Olímpicos realizaremos numerosas actividades relacionadas co deporte. Hoxe o alumnado de quinto e sexto curso estivo no Club de Tenis do Rial xogando tanto ao tenis como ao pádel.

Distribuir contido


by Dr. Radut